Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o concello de Palas de Rei reforzan a súa colaboración para impulsar o emprendemento no municipio
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co rexedor deste municipio lucense, Pablo Taboada, no que abordaron asuntos como a nova edición do espazo coworking que se vai desenvolver na localidade
A xerente de Galicia Calidade reúnese con empresas ourensás que contan coa marca de garantía para coñecer as súas achegas e inquedanzas
Ana Méndez, que asumiu o cargo recentemente, mantivo un encontro con responsables dos establacementos hosteleiros Restaurante A Taberna, Restaurante El Coto, Bar Tamarindo e Restaurante A Carballeira
Conde salienta en Chantada o potencial do rural galego para xerar emprego e industria
Co apoio da Xunta, no polígono industrial acometéronse obras por valor de 1,1M€ para mellorar a subministración eléctrica e ampliar a EDAR, favorecendo, así, a chegada de novas empresas
A Xunta lamenta que España deixe de producir aluminio primario por non contar cun prezo eléctrico competitivo
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, asistiu esta mañá en Madrid á reunión da comisión de seguimento de Alcoa San Cibrao
Galicia supera en 2021 o récord histórico de exportacións sumando máis de 23.000 millóns entre xaneiro e novembro e á espera da cifra de decembro
Nos once primeiros meses do ano pasado, as vendas ao exterior da Comunidade incrementáronse un 22,2% con respecto a 2020, ata o punto de que as exportacións galegas marcan xa un novo récord e suman, entre xaneiro e novembro de 2021, máis de 23.000 millóns
A Xunta convoca os Premios á Cooperación e o certame Cooperativismo no Ensino para impulsar os valores desta fórmula económica en Galicia
O Goberno galego premiará con 5.000 euros á entidade que mellor represente os valores cooperativos, ao mellor proxecto novo e á traxectoria dunha cooperativa
Conde subliña que Biegal representa a dobre aposta que Galicia está facendo polas enerxías renovables e a valorización da cadea monte-industria
Co apoio da Xunta a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), esta empresa está a traballar na posta en marcha dunha planta de estelado e na implantación de tecnoloxía para a mellora dos procesos produtivos
Feijóo destaca a fábrica de fibras téxtiles como un proxecto "determinante" para Galicia, o futuro da moda sostible e para o sector da madeira
Incide na importancia de acertar con proxectos tractores que melloren a competitividade da nosa economía, o tecido industrial instalado e que nos anticipe ao futuro económico mundial
A comarca da Coruña conta con 14 concesionarios adheridos ao programa Renove Automoción co que se poden obter descontos de ata 4600 euros por vehículo
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá as instalacións de Breogán Motor en Oleiros, unha das entidades que participa na convocatoria
Crece a economía social en Galicia con 174 novas empresas creadas en 2021 que suman 521 persoas socias promotoras
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, expuxo ante o pleno do Consello da Economía Social cifras que evidencian o crecemento desta actividade