Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Portos:

16/06/21 | 11:15

Galicia urxe a mellorar a gobernanza nas negociacións futuras das cotas de pesca nas augas compartidas entre a Unión Europea e o Reino Unido

A comunidade galega advirte da necesidade de adecuar as cotas de pesca ás circunstancias dos caladoiros e das frotas e de evitar que se sente un precedente negativo de cara as seguintes negociacións

15/06/21 | 16:39

Galicia defende a cooperación entre a pesca e as ONG medioambientais para acadar o obxectivo común de protexer os mares e os seus recursos

A Xunta enxalza o labor dos profesionais do mar e das entidades de defensa do medio mariño e a transcendencia de actuar da man neste eido nun momento no que a xestión mariña está moi presente na axenda internacional 

15/06/21 | 11:18

Galicia sitúase como exemplo europeo na loita contra o lixo mariño grazas á implicación público-privada no proxecto Cleanatlantic

A titular de Mar salienta a importancia de involucrar aos profesionais do mar nas accións de coidado e limpeza do medio mariño, algo que a comunidade vén facendo desde hai máis dunha década

14/06/21 | 10:35

Galicia organiza mañá un seminario virtual para poñer en valor a colaboración entre as ONG medioambientais, a pesca e a ciencia

A conselleira do Mar participará por videoconferencia na apertura deste evento que se desenvolverá xunto coa Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento no marco do Intergrupo do Parlamento Europeo sobre Cambio Climático, Biodiversidade e Desenvolvemento Sustentable

13/06/21 | 12:15

Galicia publica información sobre a presenza e produción do berberecho nas distintas zonas da área atlántica

Pode accederse a ela a través dun visor web desenvolvido polo Centro Tecnolóxico do Mar e que reúne datos de carácter espacial tanto preexistentes como obtidos no marco do proxecto europeo Cockles

12/06/21 | 12:00

Investigadores galegos trasladan á proxima semana ao sector e á cidadanía os estudos sobre a situación da cadelucha na Comunidade

O Centro de Investigacións Mariñas celebra o vindeiro venres na Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Celeiro unha xornada na que intervirán expertos do propio CIMA e doutras institucións científicas como o CSIC, o IEO ou as tres universidades galegas para analizar as investigacións realizadas sobre esta especie

10/06/21 | 16:47

Galicia garante a venda e o consumo seguro de arredor de 250.000 toneladas de mexillón con 10.000 análises anuais de biotoxinas

O Consello da Xunta de Galicia analizou hoxe un informe relacionado co labor do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño para asegurar a extracción deste recurso cultivado en batea

09/06/21 | 14:05

Galicia proba a sustentabilidade da pesqueira da vieira cun estudo sobre o seu impacto ambiental

A titular de Mar salientou a importancia deste traballo, froito da colaboración entre a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela

08/06/21 | 12:50

A Xunta censura o recurso do executivo do Estado contra o Plan do marisqueo por invadir competencias de Galicia e atentar contra o labor de preto de 9.000 profesionais

A Administración galega lembra que leva 29 anos tramitando e aprobando os plans de explotación marisqueira sen que ningún fose recorrido así como a improcedencia do informe que reclama o Goberno central

04/06/21 | 10:54

Galicia suma oito drons para tarefas de salvamento e loita contra o furtivismo e a contaminación no medio mariño

Estes medios están distribuídos nas bases que o Servizo de Gardacostas ten na Coruña e Vigo e, para desprazamentos itinerantes por toda a costa, nos servizos centrais e na embarcación Paio Gómez Chariño