Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

05/03/20 | 14:19

O IES Ferrol Vello e o CEIP Xesús San Luis Romero gañan o Concurso-exposición Letras Galegas 2020

O CEIP carballés foi seleccionado na categoría de infantil e primaria pola mostra 'Recordando Carvalho Calero', mentres que o IES ferrolán se fixo co premio na categoría que inclúe o resto dos centros educativos pola exposición 'Unha vida polo galego'

04/03/20 | 14:11

A Fundación Antonio Fraguas convoca a XII edición do seu proxecto didáctico

Organizado polo Museo do Pobo Galego baixo o patrocinio da Xunta de Galicia, busca favorecer o achegamento dos escolares á etnografía, antropoloxía, xeografía, historia e arte galegas
 

03/03/20 | 19:05

As Xornadas Xosé Calviño 2020 presentan experiencias na normalización e dinamización do galego

Valentín García participou neste evento formativo cunha intervención acerca do programa de dinamización do galego ‘21 días co galego e +’

03/03/20 | 09:16

O Ateneo Ferrolán acolle durante esta semana a mostra 'Don Ricardo de Fingoi'

A exposición promóvea o Colectivo Egeria co apoio da RAG e da Xunta de Galicia, no marco da programación institucional das Letras Galegas 2020

28/02/20 | 17:01

Os CEIP Poeta Avelino Díaz e Ponte dos Brozos e o CEE Terra de Ferrol recollen en Santiago os premios 'Nós tamén creamos!'

O secretario xeral de Política Lingüística e a directora adxunta á Dirección da CRTVG participaron no acto de entrega destes premios que organiza a Xunta en colaboración coa CRTVG e con OQOeditora

27/02/20 | 19:04

O Centro de Estudos Galegos de Perugia traduce a Uxío Novoneyra ao italiano

Valentín García asistiu á presentación da antoloxía poética 'Poesie della chiara chertezza. Antologia 1955-1999'

26/02/20 | 20:08

A obra 'RCC. O Carballo que fun en Ferrol' repasa a vida do autor das Letras Galegas 2020 na súa patria natal

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta asistiu hoxe ao serán no salón de actos de Afundación á presentación da obra que dá ao prelo o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración de autores ferrolterráns coordinados por Bernardo Máiz

24/02/20 | 13:57

Valentín García participa en Santiago e en Padrón nos actos do Día de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta resaltou que a autora de ‘Follas novas’ falou en galego de sentimentos e ansias universais, facendo deste idioma unha lingua culta e aberta ao mundo

21/02/20 | 14:07

O artista Francesc Torres repasa a súa traxectoria artística coa exposición 'Crebas' no CGAC

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou esta mostra composta por unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019 que sintetizan as diferentes etapas da obra de Torres