Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

20/04/21 | 18:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o pavillón de Crecente como “exemplo de boa xestión, planificación e mantemento” que vén de ser rehabilitado pola Xunta

En total, o orzamento da actuación alcanzou os 105.176,88 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achega o 60% (62.000 euros) e o Concello de Crecente, o restante 40%

20/04/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe aos gañadores da Copa de España de Taekwondo

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados

20/04/21 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta asiste á presentación da fase de ascenso á Primeira División Nacional de Voleibol Feminino

Gabriel Alén desexoulle ao equipo da cidade “as mellores das sortes para que poidades conseguir o agardado ascenso que todos os afeccionados desexamos”

16/04/21 | 20:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa defende a “igualdade e a inclusión” como valores intrínsecos do deporte na presentación da 33ª tempada do Froiz

Lembra a figura de Guillermo Sande nun acto que serve para homenaxear ao que fora seleccionador galego de ciclismo

15/04/21 | 12:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa reivindica o “deporte para toda a vida” na presentación do campionato de España infantil de karate de Ourense

Lembra a Carmiña Barro Pita, “unha muller que dedicou boa parte da súa vida a promover o karate a nivel automómico, desde a presidencia da Federación Galega e a nivel estatal, desde a vicepresidencia da Federación Española”

14/04/21 | 17:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a alianza de Patricia Suárez e Antón Paz como “un proxecto de futuro e de éxito para a vela galega”

Lembra o apoio brindado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da entrega ao Centro Galego de Vela (CGV) dunha embarcación de vela lixeira da clase 49er FX cun investimento de 32.276,75 euros

13/04/21 | 13:59 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa enxalza o excelente nivel do boxeo galego na recepción ao hispano-dominicano afincado en Vigo, José Gregorio Suero Martínez, campión de España Superwelter

Asegura que “os mellores boxeadores saben do magnífico traballo que se realiza en Galicia cando deciden vir a adestrar e competir pola nosa comunidade”

12/04/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Secretaría Xeral para o Deporte destina 20.000 euros á instalación dunha pista de pádel en Begonte

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta colabora cos concellos para ofrecer dotacións que impulsen a práctica deportiva entre a cidadanía

09/04/21 | 13:59 | Secretaría Xeral para o Deporte

Teresa Portela confirma a súa participación en Tokyo e convértese na española con máis presenzas olímpicas, “un día histórico para Galicia”

Lete Lasa asegura que hoxe é “un día histórico para Galicia” porque “Teresa Portela vén de escribir unha das páxinas más brillantes da historia do deporte español”

07/04/21 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén ensalza o nivel do deporte en Ourense na audiencia á directiva da Real Federación Española de Hóckey

O delegado territorial non quixo deixar pasar a ocasión para subliñar o traballo do Club de Hóckey Barrocás, polo seu labor diario a prol do deporte e do hóckey