Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

12/07/22 | 18:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca un novo curso de verán no que o ‘Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’ presentará algunhas das posibilidades máis punteiras

O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración desta iniciativa na que se tratarán liñas de traballo impulsadas conxuntamente pola Xunta e as universidades galegas

12/07/22 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece ata decembro 201 funcións e concertos nos escenarios de 37 concellos membros da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto de exhibición de espectáculos coordinado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades promove máis de 500 actuacións de 181 formacións artísticas en todo o ano

11/07/22 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
11/07/22 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a rehabilitación integral do colexio Antonio Orza Couto, en Boqueixón, cun investimento de máis de 800.000 €

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita o centro, que será obxecto dunha ambiciosa actuación que suporá un aforro enerxético de preto do 50% do consumo de enerxía e de emisións

10/07/22 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta compromete á nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego seguir reforzando o seu apoio

No encontro abordaron as liñas de colaboración abertas co impulso á musealización da ala sur, na que a Consellería leva investidos máis de 500.000 euros nos últimos anos

09/07/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez defende no Festival de Almagro a calidade, diversidade e potencial do teatro galego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades interveu hoxe no acto central conmemorativo do Día de Galicia neste prestixioso certame internacional, que celebra a súa 45ª edición coa nosa Comunidade como convidada de honra

09/07/22 | 15:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tradición e modernidade conviven nos Pendellos de Agolada mañá, na última xornada do Corazón da Artesanía

A música electrónica de DJ Set amenizará a sesión vermú de mañá domingo a partir das 13:00 horas, mentres que a agrupación folclórica Cantigas e Agarimos serán os encargados da pechar a programación musical a partir das 19:00 horas

09/07/22 | 10:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ten programado para xullo máis de 40 eventos musicais dos Concertos do Xacobeo

23 concellos da 4 provincias galegas acollerán directos e festivais de diversos estilos musicais e para todos os públicos