Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Comercio:

15/06/21 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reabre hoxe a metade de albergues da rede pública, cinco deles no Camiño Francés

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, na que destacou a implicación desta entidade na promoción da ruta máis transitada polos peregrinos

14/06/21 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada ao Papa Francisco a invitación do pobo galego a que peregrine a Santiago neste ano santo 21-22

Agradece en nome de todos os galegos o “privilexio” de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que, segundo di, enche de esperanza a toda Galicia

12/06/21 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 impulsará máis dun millar de actividades presenciais con 3 M€ na súa segunda edición

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou hoxe a resolución da segunda convocatoria que se publicará nos vindeiros días

12/06/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Trofeo Xacobeo 2021 reunirá en Pontevedra a máis de 1500 piragüistas na súa primeira edición internacional

A iniciativa impulsada pola Federación Galega de Piragüismo terá lugar o vindeiro 19 de xuño na capital do Lérez

10/06/21 | 19:38

Galicia acolle desde mañá a travesía náutica xacobea Navega o Camiño con sete etapas por distintos portos da comunidade

A titular de Mar e a presidenta de Portos de Galicia realizarán mañá a primeira etapa desta ruta marítima a bordo dunha embarcación fretada pola organización que conta cunha tripulación amplamente feminina liderada pola campioa olímpica Ángela Pumariega

10/06/21 | 10:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A metade dos albergues da rede pública abrirán o 15 de xuño para dar servizo a unha demanda crecente de peregrinos no Camiño de Santiago

A intención da Xunta é retomar primeiro a actividade nos establecementos daquelas rutas que teñen menos oferta de aloxamentos privados

06/06/21 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha unha unidade móbil para promover o Xacobeo en dez cidades españolas e dúas portuguesas

Un camión personalizado con temática xacobea e a oferta turística galega comezou en Asturias unha xira promocional por doce cidades que rematará o día 29 en Braga

06/06/21 | 10:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reunirase co Papa Francisco o próximo 14 de xuño para abordar a importancia do Xacobeo 21-22

O presidente da Xunta trasladaralle o agradecemento de todos os galegos pola ampliación do Ano Santo

05/06/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda acompaña a Juan Antonio Corbalán na súa ponencia no “I congreso Mundial Xacobeo” sobre a vinculación entre o Camiño de Santiago e a saúde

O vicepresidente primeiro da Xunta agradeceu a implicación do ex-xogador de baloncesto e médico co Camiño e sinalou que facer calquera das rutas é unha actividade deportiva segura con moitos beneficios para a saúde