Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

03/09/20 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo das actuacións necesarias para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira, no concello de Viveiro

A Plataforma de contratos de Galicia publica a licitación dos traballos por un importe duns 67.000 euros

02/09/20 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Dúas empresas presentan as súas ofertas para a instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona

Esta actuación, licitada por un importe duns 270.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses

27/08/20 | 16:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrece apoio técnico ao Concello de Barreiros para acadar a mellor solución de saneamento en San Miguel de Reinante, que cofinanciará na mesma porcentaxe que a Deputación

Vázquez Mourelle explica a necesidade de que o Concello realice un estudo de alternativas para establecer a tecnoloxía máis axeitada para acadar un sistema de depuración eficiente

23/08/20 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Rigueira, no Concello de Xove

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola Ruta dos Muíños, na parroquia da Rigueira

18/08/20 | 15:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca constata a mellora nos niveis de ocupación das bacías da demarcación hidrográfica Galicia- Costa tras as precipitacións rexistradas estes días

Ratifícase un cambio de tendencia a nivel meteorolóxico e hidrolóxico nas bacías en estado de prealerta, pero acórdase manter esta situación ata que se consolide o aumento do nivel base dos ríos

18/08/20 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda á empresa pública Seaga dos traballos de restauración do bosque de ribeira no río Umia ao seu paso polo Concello da Estrada

Augas de Galicia xa comezou este mes as xestións previas para a disposición temporal dos terreos na zona de actuación do río, que vai desde o límite con Cuntis e, seguindo augas arriba, ata que o río se atopa entre A Estrada e Forcarei

01/08/20 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e mantemento no noiro de protección da marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre

Os servizos de conservación fluvial de Augas de Galicia están a actuar no muro de sostemento da senda que se viu afectado o pasado inverno, retirando ás árbores caídas e a varanda para reducir o seu peso e evitar un atoamento no río

31/07/20 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona

A Plataforma de contratos de Galicia recolle a licitación desta actuación por un investimento duns 270.000 euros e cun prazo de execución de 5 meses

27/07/20 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de catorce empresas presentan as súas ofertas para executar a nova depuradora de Sergude, en Boqueixón, para a mellora do saneamento

Esta actuación, licitada por máis de 1,8 millóns de euros, conta cun prazo de execución de 12 meses

23/07/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta, a Universidade de Vigo e o CSIC desenvolverán un proxecto conxunto de detección temperá da covid-19 en dez depuradoras a través de bioindicadores mariños

Rastrearase o virus nas depuradoras de Baiona, Nigrán, Gondomar, Cambados, Moraña, Porto do Son, Muros, Melide, Ares e Cedeira, o que posibilitará facer un seguimento sobre unha poboación de máis de 110.000 cidadáns