Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

07/02/22 | 10:31 | C. do Medio Rural

A Xunta prioriza as asociacións e organizacións de produtores como beneficiarias das novas axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural que contempla 30 millóns de euros en achegas, un 15% máis que a última convocatoria

04/02/22 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta cedeu o ano pasado a Portugal, Asturias, Cantabria e País Vasco preto de 30.000 parasitoides para facer fronte ao psílido africano dos cítricos

Criados nun viveiro situado na localidade ourensá de Maceda, os insectos da especie Tamarixia dryi acadaron unha dispersión de máis de 4 km dende os puntos de solta, logrando un parasitismo sobre esta psila superior ao 70%

03/02/22 | 17:57 | C. do Medio Rural

A Xunta eleva ata os 30 millóns de euros as axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente esta orde de achegas da Consellería do Medio Rural, cuxo importe é un 15% superior ao da última convocatoria

03/02/22 | 15:00 | C. do Medio Rural

Galicia, Castela e León, Asturias e Cantabria poñen en común medidas para garantir aos gandeiros o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

José Balseiros presentou na xuntanza as vantaxes que a aplicación Conta Láctea ofrece aos produtores do vacún de leite, para calcular os seus custos e mellorar a súa posición negociadora coas industrias

03/02/22 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras cunha dotación de 2,15 M€

Estas entidades desenvolven os programas de prevención e control de determinadas enfermidades animais, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo estado sanitario da cabana galega

31/01/22 | 13:14 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza unha nova convocatoria de axudas para apoiar a transformación e comercialización de produtos agrarios que contará cun orzamento de 30 M€

Asevera que a Xunta seguirá comprometida co sector: defendendo os seus intereses na negociación da futura PAC; fomentando a súa profesionalización; ou coa Lei de recuperación da terra agraria, que permite mobilizar terras abandonadas ou infrautilizasas

31/01/22 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3,5 millóns de euros ás axudas para información e promoción dos produtos galegos con calidade diferenciada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, coa convocatoria e as bases

31/01/22 | 10:32 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas da Política Agraria Común 2022 cun orzamento duns 210 millóns de euros

Deste montante global, 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 40 millóns coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control

29/01/22 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que os prezos da terra agraria se incrementasen ata un 60% en Galicia desde o ano 2013 consolidando o potencial do noso rural

Segundo un informe do Observatorio Galego de Mobilidade de Terras, o prezo da terra rústica experimentou unha suba do 53% ata situarse en 2019 nos 1,21 €/m², mentres o incremento do prezo do monte foi do 60% ata chegar aos 0,83 €/m²

28/01/22 | 12:05 | C. do Medio Rural

A Xunta ultima a produción en exclusiva de seme sexado para toda España a través de Xenética Fontao

José Balseiros puxo en valor que se producirán un mínimo anual de 30.000 doses e que este seme sexado eleva ata o 90% as posibilidades de que o sexo do animal froito da xestación sexa o seleccionado, algo esencial para os gandeiros de leite e de carne