Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Xacobeo:

26/09/22 | 15:15

A Xunta reclama ao Goberno central unha reforma lexislativa que poña freo á ocupación de vivendas con penas máis duras e axilidade nos desaloxos

Ángeles Vázquez fai fincapé na dimensión social dun problema que afecta tanto a propietarios, como veciños e sociedade en xeral, xerando inquedanza e inseguridade
 

23/09/22 | 15:55

A Xunta reclama ao Goberno central cambios no Real Decreto que regula as axudas de eficiencia enerxética en vivendas para garantir a súa máxima execución

A reunión fora solicitada por Galicia na Conferencia sectorial do pasado 13 de setembro ante os problemas detectados para desenvolver programas xa convocados

22/09/22 | 15:48

A Xunta destina 4,3 M€ para realizar obras de mellora da accesibilidade nas vivendas

Ángeles Vázquez salienta que poden beneficiarse desta liña de subvencións tanto persoas propietarias ou usufrutuarias como comunidades de propietarios ou sociedades cooperativas

22/09/22 | 15:30

A Xunta propón á Sareb a cesión de solo para a construción de novas vivendas de promoción pública

Reitera tamén a necesidade de que poña á disposición do Goberno galego máis inmobles na Comunidade para destinalos a alugueiro social

18/09/22 | 11:38

A Xunta adxudica por máis de 120.000 € a redacción dos proxectos para rehabilitar 2 inmobles no centro histórico de Ribadavia

Están localizados na praza García Boente 1 e na praza de San Xoán 3, adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro do programa Rexurbe

13/09/22 | 13:33

A Xunta solicita unha reunión técnica coas comunidades para valorar o deseño dos programas de vivenda e corrixir as dificultades detectadas

Ángeles Vázquez subliña o esforzo realizado polo IGVS para que os galegos teñan xa acceso a todas as liñas de incentivos á rehabilitación financiadas con fondos europeos e defende a necesidade de simplificar trámites e mellorar as convocatorias

11/09/22 | 12:00

A Xunta colaborará co Concello da Veiga para facilitar o acceso dos veciños ás axudas de eficiencia enerxética

O Goberno local está interesado en declarar contornos residenciais de rehabilitación programada para poder beneficiarse dos incentivos do programa a nivel de barrio

11/09/22 | 12:00

A Xunta inicia o procedemento para adxudicar tres vivendas protexidas no Concello de Cerdedo-Cotobade

A Comisión provincial de vivenda de Pontevedra reuniuse esta semana e acordou dar os primeiros pasos para elixir aos novos beneficiarios dos inmobles, que quedaran vacantes

08/09/22 | 15:15 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia o impulso dun novo programa de mobilización de vivendas con incentivos para os propietarios que aluguen os seus inmobles a prezos accesibles

Destacou que a Xunta vai ofrecer unha serie de garantías aos particulares para que superen “as reticencias” que poden ter para poñer “a súa vivenda baleira en aluguer”