Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

17/06/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o proxecto do centro de ciberseguridade de Galicia co obxectivo de que sexa realidade a mediados de 2025 cun investimento de 4,2M€

As empresas poderán presentar ofertas ata o 14 de xullo, coa previsión de adxudicar en outono o contrato e dispoñer na primavera do proxecto que permita avanzar cara o comezo dos traballos

14/06/22 | 12:39 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduciu en 400 M€ a súa débeda no 1º trimestre e sitúase como a 3ª CC.AA. cunha menor ratio débeda/PIB

A ratio débeda/PIB de Galicia baixou de xaneiro a marzo 1,1 puntos, ata o 17,4%

10/06/22 | 17:16 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública recibe aos participantes na iniciativa Camiño 2022 na súa chegada a Santiago

Miguel Corgos agradece aos 400 empregados da empresa CISCO o seu proxecto solidario a prol da loita contra o cancro

08/06/22 | 13:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta analiza a aplicación da intelixencia artificial na Administración pública

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurará mañá xoves o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración, que será clausurado o venres polo ex-presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría

07/06/22 | 15:22 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reitera o compromiso do Goberno galego coas PEMES, autónomos e o tecido industrial

Miguel Corgos avanza máis apoios parar facilitar a implantación de novos proxectos en Galicia

05/06/22 | 11:04 | C. de Facenda e Administración Pública
01/06/22 | 12:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta habilita o sistema de xiro postal para o pago das débedas tributarias

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) asina un convenio de colaboración con Correos para posibilitar a utilización deste sistema

23/05/22 | 19:39 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o primeiro trimestre como a terceira Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,22 días, máis de dez días por debaixo da media autonómica

06/05/22 | 13:57 | C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e BEI reúnense para abordar o marco de colaboración entre ambas institucións

O Goberno galego e o Banco Europeo de Investimentos formalizaron o mes pasado unha liña de financiamento de 150 millóns de euros para infraestruturas sanitarias