Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

20/05/22 | 15:24

A Xunta duplica o orzamento destinado ao Ceida para consolidar a súa posición de referencia no eido da educación ambiental

Ángeles Vázquez felicita á entidade por repetir un ano máis como centro azul, en recoñecemento ao seu “excelente labor” de divulgación e concienciación social

20/05/22 | 13:47

A Xunta recibe máis de 300 solicitudes de axudas para proxectos de restauración e mellora en Rede Natura e prevé esgotar os 2,4 M€ do orzamento dispoñible

A convocatoria, dirixida a concellos, titulares de terreos agrícolas e forestais e asociacións ambientais, ten como fin apoiar iniciativas para preservar a biodiversidade e mellorar as paisaxes rurais tradicionais dentro destas zonas

19/05/22 | 12:42

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden á Unión Europea que escoite a súa postura sobre o lobo

O conselleiro cántabro do ramo, en representación das catro comunidades lobeiras, trasladou esta semana o problema aos comisarios europeos de Medio Ambiente e de Agricultura, propoñendo unha reunión urxente e presencial cos catro territorios

18/05/22 | 13:39

A Xunta destinará máis de 110.000 € a recuperar a vexetación de ribeira e mellorar o remonte da fauna piscícola nos ríos Lor, Lóuzara e Maior

A intervención enmárcase no proxecto Mil Ríos, financiado con fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático

15/05/22 | 11:21

As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a iniciativa económica de integración social 'Empleaverde'

Este proxecto, no que tamén participan Doñana e Monfragüe, consiste na formación, apoio e inserción laboral de persoas desempregadas co fin de ofrecerlles unha saída laboral relacionada coa conservación da natureza

14/05/22 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no perímetro do encoro do Umia, nos concellos de Caldas de Reis, de Cuntis e de Moraña

Estes traballos desenvólvense en distintos lugares das parroquias de Santo André de Cesar, en Caldas de Reis; de Troáns, en Cuntis; e de Laxe e Saiáns, en Moraña

12/05/22 | 11:03

O Colexio Santiago Apóstol de Narón e o CRA Amencer de Ribadavia gañan a terceira edición do concurso 'Pilabot' de recollida de pilas

O centro educativo de Ferrolterra estreouse como o mellor na categoría de quilos totais recollidos, con case 5 toneladas, mentres o colexio ourensán venceu por terceiro ano consecutivo en ratio de quilos por alumno, con 62,8 kg por estudante

12/05/22 | 10:39

Os axentes medioambientais da Xunta comisan 17 troitas de talle ilegal a un pescador do Valadouro

A orde de pesca fluvial fixa un máximo de 6 exemplares ao día por persoa e un talle mínimo de 19 centímetros

11/05/22 | 16:29

A Xunta pon en valor a historia e o patrimonio da Illa de Ons tras o descubrimento de achádegos da época romana cun proxecto arqueolóxico

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, e do investigador Adolfo Fernández, presentou os resultados do proxecto de investigación arqueolóxica

11/05/22 | 14:47

A Xunta licitará este mes as obras de mellora do bordo da praia do cruceiro en Porto do Son

Ángeles Vázquez lembra que a Xunta achegará o 70% dos preto de 263.000 euros necesarios para a materialización desta intervención, que se iniciará despois do verán