Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

21/06/21 | 12:32

Galicia defende a intervención dos estados membros para flexibilizar o regulamento europeo de control e adaptalo á realidade de frotas como a baixura

Avoga por que a videovixilancia a bordo sexa voluntaria ou obrigatoria como sanción para aqueles que cometan algunha infracción grave en materia de eliminación de descartes e por excluír á pesca de baixura e ao marisqueo da xeolocalización

21/06/21 | 12:18

Ángeles Vázquez espera que co arranque das escolas de río se afiance a desexada remuda xeracional na pesca fluvial

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que a mocidade galega ten en David Arcay un referente para a práctica da pesca sostible en Galicia

19/06/21 | 11:30

O Centro de Formación A Aixola estende o seu plan formativo con 60 prazas máis en cinco novos cursos

O prazo de preinscrición nestas accións formativas xa está aberto e as clases, que son gratuítas e están dirixidas a persoas vencelladas co sector pesqueiro, desenvolveranse entre setembro e decembro de 2021

18/06/21 | 10:36

A Xunta investiu arredor de 700.000 euros en estudos sobre a coquina para aumentar a súa presenza nos bancos marisqueiros

Rosa Quintana salientou a importancia dos estudos desta especie, pois é de alto interese para o marisqueo de Galicia e adoita acadar importantes cotizacións en lonxa que roldan os 40 euros o quilo

18/06/21 | 10:34

Mañá comeza a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 6 de novembro, día incluído, nas dúas provincias

17/06/21 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Axentes de Gardacostas e da Garda Civil interceptan en Cee a un furtivo con máis de 30 quilos de marisco extraídos de xeito irregular

O operativo conxunto permitiu requisar 25 quilos de ameixa e algo máis de sete de berberecho que foron sementados nas proximidades do espigón do peirao, onde foran extraídos mediante técnicas de mergullo asistido

17/06/21 | 11:48

Os grupos de acción local do sector pesqueiro contan con máis de 16 millóns de euros de apoio da Xunta para desenvolver proxectos no litoral galego

Susana Rodríguez expuxo que o crédito inicial da convocatoria de axudas de 2021 aos proxectos dos GALP era de 15,3 millóns de euros e que se incrementou en máis de 700.000 euros

17/06/21 | 10:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Muros a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

A exposición ‘Enredadas’, que reúne os resultados dos cursos de formación para redeiras artesás galegas, estará aberta ao público no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón desde mañá, 18 de xuño, ata o próximo 18 de xullo

16/06/21 | 16:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta defenda a importancia de promover a sustentabilidade e a dixitalización do sector mar-industria a través de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na inauguración do 9º Workshop Internacional en Tecnoloxía Mariña (Martech) organizado pola Universidade de Vigo