Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

12/05/20 | 12:23

As bibliotecas públicas da Xunta súmanse á programación online conmemorativa do Día das Letras Galegas

Exposicións virtuais e iniciativas en redes son as propostas destes equipamentos culturais para homenaxear ao escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero

10/05/20 | 12:43

A Xunta impulsa a programación máis dixital polo Día das Letras Galegas para renderlle tributo a Carvalho Calero

Eventos virtuais, festivais e proxectos expositivos, audiovisuais, literarios, académicos e escolares enchen Internet para achegarlle á cidadanía a figura, obra e vida do autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega (RAG)

07/05/20 | 20:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta o Plan de reactivación cultural autonómico como un motor para o sector no horizonte próximo

Román Rodríguez deu a coñecer nun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais os obxectivos e o catálogo de investimentos do plan e subliñou que “a recuperación da cultura é un reto compartido entre todos no que Galicia estará a altura”

05/05/20 | 10:43

As mellores mensaxes de Lingua de Namorar 2020 xa teñen premio

“Retórica” (Nee Barros, Marín), “Primavera” (Ana Loureiro, Caldas de Reis), “Ao altar” (María Femenías, Foz), “Ataraxia” (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), “Un vinilo dos Dire Straits” (Denís Vicente, A Guarda) e “Fuxitivas” (Silvia Pérez, A Guarda) fixéronse cos galardóns da novena edición

27/04/20 | 12:15

Máis de 1500 persoas aprenden galego no marco do Plan de Teleformación de Política Lingüística para 2020

Inclúe cursos preparatorios para as probas Celga e formación para traballadores ao servizo da Administración

23/04/20 | 17:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
23/04/20 | 11:00

A Xunta distribúe polo Día do Libro 4000 obras entre pacientes, acompañantes e persoal dos 14 hospitais públicos

A partir de hoxe e durante os vindeiros días poranse en circulación estes volumes que buscan fornecer dunha opción de lecer para quen así o desexe e visibilizar o importante papel que o libro galego desempeña dentro da sociedade

21/04/20 | 13:35

Os museos e arquivos da Xunta súmanse á celebración do Día do Libro facendo visible o seu patrimonio bibliográfico

Entre as actividades online programadas inclúense exposicións virtuais, certames de microrrelatos e a apertura de publicacións e dixitalización de fondos

09/03/20 | 18:40

A lingua galega celebra hoxe o seu día grande no Bierzo

O secretario xeral de Política Lingüística participou nos actos organizados pola Comisión Cultural Martín Sarmiento en colaboración coa Xunta de Galicia que se desenvolveron ao longo da xornada en Vilafranca, Cacabelos e Corullón