Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

10/02/22 | 12:26 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén a súa aposta na innovación para consolidar un sector agrario produtivo e sustentable

Este evento serve para presentar os resultados de diferentes iniciativas apoiadas con fondos Feader e da Consellería do Medio Rural co fin de impulsar a innovación no sector produtivo primario da nosa comunidade

10/02/22 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste este curso preto de 1,2 M€ para incentivar o consumo de leite e froita en 223 centros escolares galegos

José Balseiros destacou que se beneficiarán do programa de froita case 50.000 rapaces da nosa comunidade, mentres no caso do leite participarán máis de 46.000

09/02/22 | 14:24 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a plantación de castiñeiros autóctonos para incrementar nos montes galegos a superficie dedicada ao cultivo do seu froito

Consellería do Medio Rural entregará un total de 12.600 plantas de portaenxertos e 473 plantas nai de diversas variedades de castiñeiro autóctonas a 16 viveiros da nosa comunidade

09/02/22 | 12:26 | C. do Medio Rural

A Xunta propón ao Estado que active unha prima de emerxencia de ata catro céntimos por litro de leite que palíe as dificultades dos gandeiros tal e como se fixo en Italia

José González avanzou que se vai crear a Axencia de Información e Control Alimentario de Galicia, como entidade encargada de controlar o cumprimento das obrigas derivadas da Lei da Cadea Alimentaria no ámbito galego

09/02/22 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 37,5 M€ en axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

Con estas subvencións, procúrase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural

08/02/22 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na construción da rede de camiños principais da parcelaria de Brandariz, en Vila de Cruces

O orzamento para a execución destes traballos ascende a 1,1 millóns de euros e o prazo para levar a cabo estas obras remata en xullo de 2023

08/02/22 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 73.000 euros en traballos preventivos en montes de Carballeda de Valdeorras, a Pobra de Trives e A Veiga

Todas estas actuacións enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de case 30 millóns de euros no ano 2021 para actuar en máis de 58.000 hectáreas nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación

08/02/22 | 10:58 | C. do Medio Rural

Preto de 200 beneficiarios recibirán máis de 2,6 ME da Xunta para reestruturación e reconversión de viñedos nunhas 250 hectáreas de superficie

Estas subvencións están destinadas a operacións encamiñadas á reimplantación de viñedo, á reconversión varietal ou á mellora das técnicas de xestión da viña

07/02/22 | 13:09 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a excelencia das explotacións galegas de vacún de leite e reafirma o seu compromiso con este sector estratéxico do rural na nosa terra

José Balseiros destacou o esforzo dos gandeiros para acadar a extraordinaria calidade que distingue a cabana gandeira galega en xeral e o bovino de leite en particular

07/02/22 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 10,2 millóns de euros a executar traballos de silvicultura activa nunha superficie superior ás 5.500 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio coa resolución destas axudas convocadas en 2021, das que se beneficiaron 400 beneficiarios