Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

02/07/21 | 12:59

Galicia pon en valor a selectividade da pesca do cerco cunha campaña de promoción que tamén mira cara á remuda xeracional

Rosa Quintana destacou o esforzo de Acerga para poñer en marcha a iniciativa O cerco, un xeito de vida, que se enmarca no plan de produción e comercialización da OPP e que conta con financiamento da Consellería do Mar

01/07/21 | 17:10

Preto de 400 profesionais do marisqueo a pé participan na recollida activa de lixo en Galicia, o que supón o dobre que no 2020

A Xunta subvenciona esta e outras accións ao abeiro da convocatoria de axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos no mar

01/07/21 | 14:31

Galicia insiste na necesidade de que o futuro regulamento europeo de control atenda á realidade da frota pesqueira

O Executivo galego confía en que a intervención dos estados membros permita mellorar o regulamento durante os debates entre o Consello Europeo, a Eurocámara e o Executivo comunitario

30/06/21 | 13:39

Galicia promociona a pescada do pincho e o bonito de Burela xunto co Xacobeo 21-22 e pon en valor o mar, a restauración e o turismo

A iniciativa ‘Orixe e Destino Galicia’ enmárcase no plan de produción e comercialización da OPP de Lugo, conta co cofinanciamento da Consellería do Mar e coa colaboración de Paradores de Turismo de España

29/06/21 | 10:36

Este xoves 1 de xullo comeza a campaña extractiva da nécora e do lumbrigante en Galicia

A captura da nécora prolongarase ata o 5 de xaneiro do próximo ano mentres que a do lumbrigante estará autorizada ata o 31 de marzo de 2022

28/06/21 | 18:55

Galicia considera insuficientes e nimios os cambios propostos polo Consello para o futuro regulamento de control da pesca

A comunidade galega advirte de que os condicionantes incluídos no texto impiden melloras reais e dificultan unha aplicación flexible da normativa, o que seguiría a complicar en gran medida a operativa diaria da frota artesanal e do marisqueo

26/06/21 | 12:55

Rosa Quintana destaca o labor da confraría do Grove para darlle valor á centola, que vén de pechar a mellor campaña en Galicia da última década

A veda da especie comezou a semana pasada no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra e hoxe iníciase na costa lucense

25/06/21 | 13:31

A Xunta enxalza a capacidade da conserva galega de reinventarse ante a crise da Covid-19 e a súa aposta constante pola innovación

A titular de Mar salienta o labor desenvolvido polo sector transformador durante a pandemia, no que intensificou a busca de novas oportunidades de negocio, potenciou as vendas en liña e reforzou a aposta pola exportación

24/06/21 | 12:25

Galicia e o Norte de Portugal impulsan a eficiencia enerxética e a protección do medio ambiente nas súas instalacións de cultivos mariños

O proxecto Acuaenergy, avalado pola Xunta e liderado polo Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura, constata que o sector podería aforrar un 30% do seu consumo enerxético anual e reducir en 9.900 toneladas as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro con certas melloras neste eido

21/06/21 | 14:07

A Xunta renova as campañas de promoción do consumo de produtos do mar que chegaron a máis de 150.000 escolares galegos

A iniciativa ‘Ti si que es un bo peixe’ está dirixida ao público infantil de entre 3 e 14 anos e substitúe a ‘O sabor da aventura está no mar’