Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

20/07/21 | 11:08

A Xunta convoca axudas de preto de 700.000€ para o impulso da inclusión laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero a través das entidades sen ánimo de lucro

Esta liña de apoio, incluída dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, inclúe contías máximas de 100.000 euros

19/07/21 | 12:42

A Xunta impulsa a campaña #IgualdadeFollowers para reivindicar o papel da muller en Galicia e concienciar á mocidade sobre a importancia da perspectiva de xénero

Unha vintena de influencers e personaxes de relevancia galegos dos ámbitos da música, o deporte, a cociña, as ciencias ou o emprendemento participan coas súas testemuñas nesta iniciativa que realiza a Asociación de Periodistas de Galicia co apoio autonómico

18/07/21 | 12:08

A Xunta colabora un ano máis co programa `Enrédate´ de atención a mulleres con discapacidade no rural

Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade, destaca a colaboración conxunta con grupos como a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) e o traballo da Consellería de Emprego e Igualdade en favor da inclusión das mulleres en situación de vulnerabilidade

16/07/21 | 11:12

A Xunta concede as Medallas Emilia Pardo Bazán a Marijé Díaz, Zaza Ceballos e á Asociación Mirabal

O xurado vén de fallar estes galardóns por terceiro ano consecutivo cos que se recoñece o labor a favor da igualdade para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade

13/07/21 | 13:48 | C. de Sanidade

O Sergas aproba o seu primeiro Plan de igualdade entre mulleres e homes

O documento conta o apoio de todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade (CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT)

12/07/21 | 13:46

A Xunta concienciará contra a violencia cibernética con atención especial a mulleres e menores

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, clausurou hoxe en Lalín (Pontevedra) un curso de verán sobre educación sexual e violencias organizado pola Universidade de Santiago e o concello pontevedrés

11/07/21 | 12:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta intensifica as accións para promover a presenza de mulleres nas empresas tecnolóxicas

Os programas Mática, Girl SteAm e Faladoiros en Mancomún, teñen como obxectivo difundir información entre nenas e mozas e presentar experiencias de éxito de mulleres no sector TIC

10/07/21 | 12:17

Cerca de 3.000 persoas asistiron no primeiro semestre deste ano a actividades formativas sobre igualdade laboral ofertadas pola Xunta

O Goberno galego organizou un total de cinco cursos e unha decena de webinarios propios e coa colaboración con entidades externas

09/07/21 | 13:10

A Xunta eloxia o traballo do Centro de Información á Muller de Palas de Rei que desde 2009 atendeu a máis de 800 mulleres e 5.000 consultas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o Centro de Información á Muller (CIM) de Palas de Rei

07/07/21 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá 250.000 euros en accións de formación, prevención e sensibilización para renovar o seu compromiso fronte á violencia de xénero no rural

A titular de Emprego e Igualdade puxo en valor a cooperación entre os diferentes departamentos autonómicos para atender ás vítimas de violencia de xénero a través do maior número de vías posibles e lembrou que este acordo posibilitou nos dous últimos anos atender a máis de 3.600 mulleres e 5.200 menores