Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

22/05/21 | 10:39 | Secretaría Xeral para o Deporte

A secretaría xeral para o Deporte destina 19.000 euros a pechar cunha rede de protección o campo de fútbol de Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Xunta colabora cos concellos na mellora das dotacións que faciliten a práctica deportiva

21/05/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur o percorrido de la Vuelta 21 en Galicia nunha edición especial que remata no Obradoiro neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a competición converterase nun escaparate perfecto para dar a coñecer a comunidade como destino turístico a nivel internacional neste Ano Santo Dobre

21/05/21 | 13:02

A Xunta publicará ao longo deste ano unha guía para descubrir a paisaxe galega desde a bicicleta a través de máis dun cento de rutas e 8.000 km

Ángeles Vázquez salienta o impulso do Goberno galego ao cicloturismo, unha alternativa turística sostible, integradora e saudable que non entende de idades

20/05/21 | 15:52 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete enxalza a “fortaleza e capacidade de superación” dos 21 deportistas galegos preseleccionados no equipo paralímpico español para Toquio

Destaca que o 15% da delegación española ten acento galego, un feito que responde a “un traballo intenso realizado por todo o tecido deportivo en prol dos deportistas con discapacidade e do deporte adaptado”

20/05/21 | 12:02

Ánxeles Vázquez salienta o potencial de Galicia como canteira de pescadores de alto nivel e aposta pola remuda xeracional

A responsable autonómica felicita ao mozo coruñés, que se iniciou neste deporte con 8 anos e participou no seu primeiro campionato nacional con 11

19/05/21 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o Abanca Pantín Classic Galicia Pro como referencia de eventos deportivos de ámbito internacional en un entorno seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou na presentación da edición de 2021 desta competición de surf a súa importancia para dar a coñecer Galicia e a comarca de Ferrolterra como destino turístico noutros países

07/05/21 | 13:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa participa nunha actividade de bolos, billarda e chave no CEIP Sobreira de Valadares onde anuncia a constitución da nova Federación Galega de Deportes Autóctonos

O pasado xoves 29, o Consello da Xunta autorizaba a sinatura da addenda ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Chave -agora Federación Galega de Deportes Autóctonos-, que en total recibe 16.000 euros

05/05/21 | 18:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa fixa a educación e colaboración institucional como chaves para a loita antidopaxe no deporte

A Comisión Galega de Control e Prevención da Dopaxe vén realizando as súas competencias e destaca a sinatura dun convenio coa AEPSAD, así como a elaboración dun plan de controis vinculado co marco deste convenio