Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

19/07/22 | 15:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o nacemento de ‘Abanea’, festival de danza e movemento que levará na súa primeira edición dez formacións artísticas a Gondomar e Allariz

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais reuniuse co equipo organizador e cos concelleiros de Cultura dos concellos implicados no encontro que promove a asociación IS·MO Cultura
 

18/07/22 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor presenta o cartel do ‘Neox Music Day’ que traerá á Coruña os artistas de maior renome da música urbana

O representante do Goberno galego lembrou que a Xunta de Galicia vai estar presente, entre os meses de xullo e agosto, nos principais concertos e festivais que se celebrarán na cidade

18/07/22 | 14:11 | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias desvela o cartel musical do Marisquiño con 30 grupos locais e emerxentes en Samil e no peirao de Transatlánticos

A delegada territorial de Xunta en Vigo avanzou as actuacións que se celebrarán durante o festival de deporte urbano entre os vindeiros 12 e 14 de agosto
 

18/07/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A sexta edición do 17º Ribeira Sacra reúne 15 bandas no seu cartel co apoio da Xunta a través das subvencións a eventos musicais e da marca de calidade Fest Galicia

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación desta cita que se celebra entre os días 28 e 31 en adegas, paraxes naturais e enclaves históricos da contorna

18/07/22 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta duplica o seu apoio ao Festival de música clásica Bal y Gay, que volve en agosto á Mariña lucense coa súa edición máis internacional

O director de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da iniciativa que se celebrará do 12 ao 24 de agosto con concertos en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou a Fábrica de Sargadelos

17/07/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Espectáculos galegos xiran por 16 países e participan en 19 feiras profesionais co apoio das axudas ás actividades de distribución cultural da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de 512 funcións escénicas e concertos

16/07/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o festival itinerante ‘Danza en el Camino´ e as súas exhibicións en Sarria, Portomarín e Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades impulsa a colaboración exterior e a expansión desta disciplina artística ao colaborar co encontro organizado polo prestixioso Certamen Internacional de Coreografía Burgos & Nueva York

16/07/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase ás homenaxes ao grupo Brais Pinto na XIV Festa da Palabra celebrada na Insua dos Poetas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nos actos onde salienta o papel dinamizador e vangardista deste colectivo de intelectuais

15/07/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra a resolución xudicial sobre Meirás e chama a seguir esta estratexia co resto de bens

O conselleiro Román Rodríguez subliña que a decisión do xuíz coñecida hoxe avala os pasos dados ata agora polo Goberno galego, con unidade entre as administracións e o máximo rigor no proceso, seguindo os criterios dos técnicos e os xuristas

15/07/22 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica o texto do espectáculo do Centro Dramático Galego ‘A Peste’ na colección ‘O Papel do Teatro’

O volume, coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Positivas, recolle a adaptación dramática asinada por Cándido Pazó da novela de Albert Camus