Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Comercio:

27/02/20 | 16:16 | C. de Economía e Industria

O programa Talento Novo facilitará a incorporación de 5.500 mozos ao mercado laboral

Contará con 10 M€ de orzamento para proporcionar aos menores de 30 anos as ferramentas necesarias para mellorar a súa empregabilidade

27/02/20 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta os proxectos levados a cabo en Lobios que divulgan as potencialidades da reserva da biosfera Xurés-Geres

A asociación Xóvenes do Xurés e Xuvemprende desenvolveron diferentes actividades para impulsar a cultura popular e o coidado polo patrimonio entre a xuventude

27/02/20 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta distingue as carreiras exemplares en diferentes ámbitos de cinco galegas e galegos na primeira edición dos premios Talento Mozo

O certame recoñece as traxectorias de éxito do científico Christian Vidal Vides, da especialista en cunicultura Paula Rodríguez Villamayor, da atleta Ana Peleteiro Brión, do empresario Jorge López Rodríguez e da comisionada e xestora cultural Sara Donoso Calvo

26/02/20 | 18:24 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social salienta as iniciativas en materia de voluntariado que pon en marcha a ONG Cooperación Internacional

Subliña os programas que fomentan a sensibilización sobre os colectivos máis desfavorecidos e os que permiten unha formación integral en valores

24/02/20 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social reúnese coa asociación Xuntanza Xuvenil para coñecer a súa experiencia de campamento creativo

Destaca a necesidade de apoiar as propostas que lideren as propias mozas e mozos

21/02/20 | 21:21 | C. de Política Social e Igualdade
20/02/20 | 13:29 | C. do Medio Rural

Ovidio Rodeiro informa que ata o 28 de febreiro se poden solicitar as axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

O Delegado Territorial visitou unha explotación apícola beneficiaria dun plan de incorporación de mozos e de mellora de explotacións

18/02/20 | 18:53 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social escoita as propostas de mozas e mozos de Ribadavia en materia de xuventude

Informouse tamén dos programas e actividades de interese para a xente nova