Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

23/05/22 | 13:12 | C. de Sanidade

Sanidade detecta dous novos posibles casos da varíola do mono

Até o de agora, a Dirección Xeral de Saúde Pública enviou ao Instituto de Saúde Carlos III as mostras de tres posibles casos desta enfermidade en Galicia, todos eles sen confirmación definitiva

23/05/22 | 10:58 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 20 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 22 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

23/05/22 | 10:27 | C. de Sanidade
22/05/22 | 12:20 | C. de Sanidade

O Sergas leva dispensados 318 tratamentos dos antivirais contra a covid-19

Desde o pasado 28 de marzo, os medicamentos ‘Paxlovid’ e ‘Evusheld’ engadíronse á listaxe de recursos dispoñibles para loitar contra o coronavirus

21/05/22 | 11:21 | C. de Sanidade

A Xunta publica a licitación de novo equipamento para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia por un importe de 72.000 €

Esta nova licitación enmárcase na renovación e modernización do equipamento deste centro anunciado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e que suporá un investimento, ao longo deste ano, de máis de 600.000 euros

21/05/22 | 11:17 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde de Rairiz de Veiga

Executouse a reparación da cuberta cun orzamento de mais de 37.000 euros a través dun convenio entre Xunta e Concello, ao tratarse dun edificio municipal

21/05/22 | 09:27 | C. de Sanidade

Comeza a funcionar o hospital de día de saúde mental infanto-xuveníl da área sanitaria de Lugo

Trátase do cuarto hospital destas características posto en marcha en Galicia, dos sete previstos, dende que se aprobou o Plan de Saúde Mental de Galicia, a medidados do ano 2020

20/05/22 | 17:00 | C. de Sanidade

Galicia activa un protocolo para a abordaxe dos casos de varíola do mono

Esta mesma mañá identificouse un caso sospeitoso, cuxa información se remitiu ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias

20/05/22 | 11:47 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Muíños asinan o convenio que permitirá a construción dun novo centro de saúde que duplique a superficie actual

O conselleiro de Sanidade agradeceu ao alcalde a axilidade da administración municipal, que xa iniciou o proceso de cesión da parcela