Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

19/07/21 | 11:43

A Xunta e a Cruz Vermella reforzan o seu traballo conxunto en materia de salvamento e loita contra a contaminación no mar

Esta cooperación realízase a través do Servizo de Gardacostas e a ela a Consellería do Mar destina 30.000 euros para as actividades desenvolvidas este ano

18/07/21 | 12:30

A Xunta forma a empresas no eido da comercialización dos produtos do mar no marco do proxecto europeo BAPSI

O obxectivo dos cursos organizados polo Centro Tecnolóxico do Mar é poñer en contacto aos sectores produtivos e aos investigadores a través dun programa formativo teórico e práctico dirixido a técnicos, mandos intermedios e responsables de empresas do complexo mar-industria

14/07/21 | 17:42

A Xunta apela á unidade do sector do mar para adaptarse aos cambios derivados da pandemia e avanzar na recuperación

O Executivo galego agradece o esforzo realizado polo complexo mar-industria de Galicia durante a pandemia e lembra que este ano incrementou un 28% o seu orzamento para mellorar a comercialización dos produtos do mar

14/07/21 | 13:40

A Xunta apoia a actividade do sector da transformación de produtos do mar con máis de 26 millóns de euros

Máis de 22,4 millóns de euros correspóndense coa convocatoria deste ano de axudas para melloras nas pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos do mar trala ampliación do crédito inicial en máis de 6,4 millóns de euros para poder atender todas as solicitudes presentadas que cumpren os requisitos

10/07/21 | 14:00

Galicia aspira a preservar o seu patrimonio do mar co deseño do plan da cultura marítima con horizonte 2030

Este traballo realizarase no marco dun convenio de colaboración asinado esta semana entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña e abarcará todo o litoral de Galicia co obxectivo de definir as liñas das políticas culturais unindo as tradicións e o valor do patrimonio marítimo

09/07/21 | 13:22

Galicia defende a necesidade de apoios á mellora da actividade e habitabilidade dos buques pesqueiros para promover a remuda xeracional

A titular de Mar salientou que este tipo de axudas, que a Xunta pon a disposición do sector e que son cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, tamén favorecen a actividade pesqueira sustentable

08/07/21 | 16:38

Galicia destina preto de 5,6 millóns de euros a impulsar melloras no sector acuícola, maioritariamente do mexillón, e a investigación dos cultivos mariños

A Xunta aproba este ano 92 axudas para investimentos produtivos que impulsen unha acuicultura sustentable por importe de máis de 4,7 millóns de euros das que máis do 80% corresponden ao sector bateeiro

05/07/21 | 12:33

Galicia blinda o futuro do seu patrimonio e cultura marítima co deseño dun plan de acción ata 2030 para a súa protección

A colaboración entre a Consellería do Mar, a Universidade da Coruña e a súa fundación permitirá elaborar o documento no que se recollerán as liñas estratéxicas, iniciativas e medidas a adoptar no período 2021-2023 e nos seguintes anos coa finalidade de preservar a riqueza marítima da comunidade

04/07/21 | 11:01

Mañá comeza a campaña extractiva do polbo en Galicia

A pesca do polbo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2022, que se fixará no correspondente plan de xestión

02/07/21 | 13:05

Galicia avanza na aposta pola remuda xeracional e na visibilización do rol feminino nas zonas costeiras

A Xunta salienta o labor dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) con accións para promover a incorporación de xente nova ao sector así como para facer visible a contribución das mulleres ao sector marítimo-pesqueiro