Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

24/08/20 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia galardoa aos gañadores do certame de declaracións de amor en galego 'Lingua de Namorar'

‘Retórica’ (Nee Barros, Marín), ‘Primavera’ (Ana Loureiro, Caldas de Reis), ‘Ao altar’ (María Femenías, Foz), ‘Ataraxia” (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), ‘Un vinilo dos Dire Straits’(Denís Vicente, A Guarda) e ‘Fuxitivas’ (Silvia Pérez, A Guarda) fixéronse cos galardóns da novena edición

22/08/20 | 11:54

A Xunta apoia a oito editoriais con axudas para a publicación en lingua galega de recursos didácticos dotadas con 200.000 euros

Esta orde de subvencións incrementa o seu orzamento nun 18% con respecto aos anos anteriores

30/07/20 | 17:51

O XI informe ‘Nós no mundo’ aborda a acción exterior galega na nova normalidade

O secretario xeral de Política Lingüística e o director do IGADI presentaron hoxe o informe anual de acción exterior de Galicia e tamén o XIII anuario de relacións internacionais e política global publicado pola entidade

29/07/20 | 20:04

Charo Golmar presenta en Santiago o seu primeiro poemario ‘Nobelo de luz’

O secretario xeral de Política Lingüística acompañou á profesora e escritora lalinense nun acto que se celebrou no Pazo de San Roque

24/07/20 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Irmandade Xurídica conmemoran o 35º aniversario da primeira sentenza en galego

O acto tivo lugar este mediodía no exterior da sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

23/07/20 | 19:30

As Ínsuas de Gres acollen a presentación da novela gañadora da IV edición do Premio Xosé Neira Vilas

Trátase de ‘Esca’, de Antonio Piñeiro, un texto para lectores novos ambientado no Grove dos anos 20

16/07/20 | 21:00

Valentín García destaca o compromiso coa lingua galega de Úrsula Heinze na presentación do seu libro 'Flashes'

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na presentación da última achega literaria da escritora alemá afincada en Galicia

16/07/20 | 16:56

Xunta e Irmandade Xurídica Galega promoven a 'Declaración de Celanova' a prol do galego na xustiza

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na conmemoración do 25º aniversario do uso da lingua galega no primeiro procedemento xudicial do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da vila ourensá

14/07/20 | 15:02

Cee acolle mañá a estrea do novo espectáculo familiar de Talía Teatro con dobre apoio da Xunta

‘Voa, voa!’ contou para a súa produción cunha das subvencións á creación escénica da Consellería de Cultura e poderá verse nunha quincena de concellos dentro do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’

30/06/20 | 12:50

A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol convocan a XIV edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o vindeiro 31 de xullo