Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Auga:

10/12/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destinou máis de 27M€ a obras educativas desde 2009 en Vigo, a cidade con máis investimentos

Este mesmo ano investíronse máis de 2,2M€ en 25 actuacións ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

10/12/21 | 11:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel fundamental da Rede de Formación do Profesorado para converter o modelo educativo galego nun referente en España

Entre os fitos desta década destaca a creación do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), os plans de formación de profesorado en centros ou a Aula Nova experimental para introducir no ensino as metodoloxías máis avanzadas

10/12/21 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias convida aos centros escolares da área territorial de Vigo a seguir o exemplo do CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado no concurso ‘Pilabot‘

A delegada territorial da Xunta en Vigo subliñou o compromiso coa reciclaxe dos escolares galegos ao recuperar 59 toneladas de pilas no marco desta iniciativa

09/12/21 | 17:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avalía a situación na comunidade escolar a piques de iniciar a vacinación dos menores de 12 anos e as vacacións de Nadal

Os datos reflicten que os protocolos funcionan e que o elemento diferencial é a vacinación, xa que o 80% dos casos concéntranse no grupo de cinco a 12 anos fronte á mínima incidencia do grupo de 12 a 19, o de menor afección na sociedade

09/12/21 | 13:02

Gabriel Alén felicita ao CRA Amencer de Ribadavia polo primeiro premio de 'Pilabot' e anima aos centros a anotarse na nova edición, cuxa inscrición remata mañá

O alumnado e o equipo directivo foron galardoados por segundo ano consecutivo no concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas, grazas a un ratio de 87 kg por alumno, o que lles reportou cunha recompensa de 2.500 euros

09/12/21 | 12:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a redacción do proxecto de ampliación e adaptación de espazos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no que se investirán 1,8 M€

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación do proxecto, que definirá a mellora dos talleres de FP e as novas salas para atender o incremento do alumnado, nunha visita ao instituto coa alcaldesa, Sandra González

09/12/21 | 11:38

Os colexios da provincia da Coruña teñen ata mañá para anotarse na nova edición do concurso Pilabot e seguir así o exemplo do premiado CEIP de Caión

O colexio da Laracha recibiu hoxe o diploma que o acredita como un dos galardoados da última edición, grazas á recollida de máis de 46,41 quilos de pilas por alumno, o que lle reportou 1.250 euros de recompensa para material escolar ou deportivo

07/12/21 | 18:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contribúe á ampliación e actualización tecnolóxica da biblioteca municipal de Rodeiro

Román Rodríguez refírese ao compromiso do Goberno autonómico por “impulsar as infraestruturas culturais do rural para garantir o acceso á cultura a todos os galegos”

07/12/21 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Plan de financiamento universitario 22-26 reforza a investigación cun 41% máis de fondos ata os 400M€

O Consello Galego de Universidades informa favorablemente a previsión para o próximo lustro, que mobilizará 3.200M€, a maior achega feita nunca pola Xunta

04/12/21 | 08:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para que os centros deseñen programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar

Esta nova iniciativa da Consellería de Educación, na que poderán participar ata 50 colexios, está dotada con 125.000 €