Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

21/02/22 | 18:38 | C. do Medio Rural

A Xunta achega preto dun millón de euros aos concellos da Mariña para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou unha das últimas actuacións executadas en Mondoñedo, que conta con 62.100 euros da convocatoria anterior para acondicionar accesos nos núcleos de Seivane, Rúa Travesa e Ferrería

21/02/22 | 13:23 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de case 70 M€ para dar un novo pulo á competitividade das empresas do agro e á remuda xeracional

Precisa que ata o 7 de marzo estará aberto o prazo da nova convocatoria de axudas para a transformación e comercialización; e ata o 9 de marzo o período de solicitude das axudas para a incorporación de mozos ao agro e para plans de mellora e pequenas explotacións

19/02/22 | 11:07 | C. do Medio Rural
18/02/22 | 17:47 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Muras colaboran para a posta en valor da terra en estado de abandono ou infrautilización no marco da Lei de recuperación

Inés Santé explicoulle ao alcalde as posibilidades que ofrecen instrumentos como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta para xerar riqueza neste municipio

18/02/22 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta constata un impacto da suba dos custos de produción dos gandeiros de leite de 4 céntimos por litro no 2021 respecto do ano anterior

O informe, elaborado en colaboración coa Fundación Juana de Vega, precisa que os ingresos das explotacións medraron un 2,71% en 2021 respecto de 2020, mentres que os custos se incrementaron en preto do 12%, provocando o conseguinte deterioro das súas contas de resultados

18/02/22 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu en sanidade animal máis de 61 millóns de euros nos últimos cinco anos

José Balseiros sinalou que este esforzo orzamentario propiciou, entre outras melloras, a recente declaración de Galicia como rexión libre de tuberculose bovina

18/02/22 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta abre a posibilidade a que industrias cárnicas de fóra de Galicia poidan filetear pezas de Ternera Gallega para potenciar o mercado da IXP

É unha das modificacións do prego de condicións desta indicación xeográfica protexida que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia

17/02/22 | 11:24 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén salienta o investimento da xunta de 4,3 M€ na provincia de Ourense a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial sinalou que o obxectivo deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas

15/02/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en París a aposta do sector vitivinícola galego pola calidade e a internacionalización

O director do Igape, Fernando Guldrís, subliña, no marco da Feira Vinexpo, que esta é unha das industrias máis dinámicas e internacionalizadas da economía agraria de Galicia, e pon en valor a boa marcha das exportacións galegas

15/02/22 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta achega 4,6 millóns de euros aos concellos lucenses para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que o Plan Marco chega a todos os municipios co obxectivo de facilitar a mobilidade nas áreas rurais