Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

27/05/22 | 13:39 | C. de Sanidade

Galicia oferta o seu récord de prazas para formación sanitaria especializada

Trátase dun total de 614 prazas, 71 máis que a oferta final da anterior convocatoria

27/05/22 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

O autobús de Coidados Porta a porta da Xunta remata o seu terceiro día de atención de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria en Mugardos

Durante os dous meses que leva en marcha este programa xa atendeu de xeito gratu-íto a máis de 4700 persoas maiores de 55 anos

27/05/22 | 12:30 | C. de Sanidade

Galicia continúa sen casos confirmados da varíola do mono ao resultar negativas as tres primeiras mostras enviadas aos laboratorios

Nas últimas horas, a Dirección Xeral de Saúde Pública remitiu as mostras de dous novos posibles casos ao Instituto de Saúde Carlos III, ascendendo ata 5, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible con esta infección

27/05/22 | 11:41 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.883 casos activos por coronavirus

Un total de 601.089 pacientes xa están curados

26/05/22 | 12:50 | C. de Sanidade

A Xunta marca como obxectivo para este ano que o 90% do persoal de Atención Primaria teña cita dispoñible en menos de 4 días

O cumprimento dos indicadores de carácter asistencial supón o 60% da avaliación dos resultados das áreas sanitarias segundo os Acordos de Xestión asinados

26/05/22 | 11:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.539 casos activos por coronavirus

Un total de 600.588 pacientes xa están curados

25/05/22 | 19:55 | C. de Sanidade

Galicia contará nesta lexislatura cunha guía propia de atención á endometriose

Na actualidade, o Servizo Galego de Saúde dispón de consultas específicas de Endometriose en todas as áreas sanitarias, tras a posta en marcha da sétima na área de Pontevedra e O Salnés

25/05/22 | 19:45 | C. de Sanidade

A Xunta esixe ao Ministerio de Sanidade un maior compromiso coa formación sanitaria especializada

O conselleiro de Sanidade valora que o Ministerio amplíe o cupo de facultativos extracomunitarios do 4 ao 10%, pero considera que a medida non é suficiente

24/05/22 | 14:36 | C. de Sanidade

A Xunta estenderá o cribado poboacional de cancro de cérvix a toda Galicia

O seu despregamento levarase a cabo dun xeito progresivo, durante o presente mes de maio, iniciarase a súa expansión pola totalidade da área sanitaria de Lugo e, está previsto que ao longo do ano 2022 estea operativo nas áreas de Ferrol e Pontevedra

Durante o ano 2023, completarase a súa implantación nas sete áreas áreas sanitarias galegas, estimándose un investimento anual próximo ao 1’2 millóns de euros

24/05/22 | 10:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.573 casos activos por coronavirus

Un total de 598.798 pacientes xa están curados