Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

19/02/21 | 09:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita ao Ministerio do Interior a cobertura das prazas vacantes da Policía Autonómica para este ano

O comisario da Unidade da Policía Adscrita, Jorge Rubal mantivo unha xuntanza co director adxunto operativo da Policía Nacional e os comisarios de todas esta Unidades en España

19/02/21 | 08:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa vixente por vento á Mariña de Lugo xunto ás provincias da Coruña e Pontevedra onde tamén está activada alerta laranxa por temporal costeiro

Están suspendidas as actividades no exterior nos centros educativos do oeste e suroeste da Coruña, en toda a provincia de Pontevedra, na Mariña de Lugo e na montaña de Ourense

18/02/21 | 20:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa temporal costeiro e vento nas provincias da Coruña e Pontevedra

Mañá suspenderanse as actividades no exterior nos centros educativos do oeste e suroeste da Coruña, en toda a provincia de Pontevedra, na Mariña de Lugo e na montaña de Ourense

17/02/21 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o material de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil con 4 embarcacións de salvamento e rescate

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega deste material cedido aos concellos de Fisterra, Valdoviño, Barreiros e Vilagarcía de Arousa

16/02/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará a formación dos servizos de emerxencias que actuarán nos actos que se van desenvolver no Xacobeo

Incrementará as actividades destinadas á formación dos equipos de emerxencias e dos corpos de seguridade, e programará novos cursos

15/02/21 | 09:46 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 26 persoas por 24 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 14 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 32 chamadas por accidentes de tráfico

14/02/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

11/02/21 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega seis vehículos pick-up todocamiño á Policía Autonómica para tarefas medioambientais

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na entrega destes vehículos destinados ás patrullas que se encargan de investigacións relacionadas con accións contra o medio ambiente ou co furtivisimo e o marisqueo ilegal

11/02/21 | 08:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece á cidadanía a súa implicación no uso responsable do número de emerxencias 112

No día europeo do 112, a Xunta lembra que o bo uso do número único europeo de emerxencias permite optimizar os recursos públicos e reducir os tempos de resposta

10/02/21 | 16:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta urxe ao Goberno central cubrir as prazas vacantes e completar canto antes o cadro de persoal da Policía Autonómica

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe no Parlamento galego que a plantilla se atopa ao 80% pese ao aumento de competencias para loitar contra a covid-19 e reforzar a seguridade no Xacobeo