Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

12/06/21 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa na posta en marcha do programa "Bolboretas rosas" de entrenamento con ximnasia e remo para persoas con cancro de mama

A iniciativa está organizada polo traumatólogo, Rafael Arriaza e pola cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC e conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte

11/06/21 | 17:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Atlas de Covas e Canóns de Galicia pon a disposición de todos os usuarios máis de medio milleiro de recursos desde hoxe

O secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, pon en valor este “inxente traballo de compilación” que, de seguro animará a máis galegos e galegas a practicar deporte federado da man da Federación Galega de Espeleoloxía

10/06/21 | 13:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete salienta o papel das novas tecnoloxías na saúde que permiten que pediatras, profesores e responsables deportivos coñezan as valoracións físicas dos cidadáns

18 técnicos municipais fórmanse na Escola Galega de Administración Pública sobre ‘Novas tecnoloxías para a promoción da actividade física e a saúde a disposición dos concellos galegos’

09/06/21 | 17:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Valga asinan o convenio para as obras do pavillón de Beiro por importe de 80.000 euros

Dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021, 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020

09/06/21 | 15:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

300 alumnos de 5º de primaria dos colexios de Pontevedra mellorarán as súas capacidades físicas, psíquicas e sociais a través do golf

Ademais do protocolo de medidas hixiénicas e sanitarias de cada instalación, a actividade conta co protocolo do programa Xogade, baseado no FISICOVID-DXTGALEGO

08/06/21 | 14:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa presenta o campionato de España de motos acuáticas no que “deporte, turismo e saúde danse a man”

“Facer deporte, e sobre todo, deporte federado afasta as posibilidades de sufrir enfermidades respiratorias como a Covid19”

06/06/21 | 12:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xinzo de Limia mellorará a accesibilidade das súas vías municipais coa senda peonil da Moreira grazas a un convenio de 350.000 euros entre Xunta, Deputación e Concello

O proxecto ten por obxecto a definición das obras necesarias para a execución da senda peonil e un carril bici no vial principal de conexión entre a vila de Xinzo e os campos de fútbol da Moreira e José Antonio Fernández Carrera

05/06/21 | 12:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

Aberto o prazo para a formulación das solicitudes ao Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de sete días naturais contado dende a propia data de recepción da invitación, do 4 ao 10 de xuño, ambos inclusive

04/06/21 | 15:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa insiste na menor incidencia da covid no deporte federado no estreo da batalla de Rande como proba da Federación Galega de Natación

Di que “para conseguir o tesouro da proba máis dura da natación en augas abertas de España e unha das máis duras de Europa, os 78 deportistas han de coñecer os segredos da baía de Vigo”

03/06/21 | 15:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os avances da conta satélite do deporte no XI Congreso Iberoamericano de Economía Deportiva

Subliña a importancia do deporte como un eido de “prosperidade, complementariedade e economía”