Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

13/02/20 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa que mañá tomarán posesión 18 funcionarios da Administración de Xustiza

Tomarán posesión nos Xulgados de A Coruña, Santiago, Arzúa, Carballo, Ribeira, Lugo, Monforte, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Ponteareas e Vigo

10/02/20 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Baños de Molgas colaboran na renovación da iluminación do campo de fútbol municipal

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá as actuacións levadas a cabo no marco da Orde de Infraestruturas de uso público

09/02/20 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A EGAP organiza unha xornada para previr a aporofobia, o odio e a desinformación dentro do ámbito administrativo

O 20 de febreiro a EGAP acollerá a xornada ‘Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública’

05/02/20 | 16:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta ten transferido máis de 3.600 millóns aos concellos galegos nos últimos once anos e aposta por seguir profundando na colaboración

Destaca a necesidade de avanzar no tema da auga e do abastecemento e recorda que a Xunta leva investidos máis de 1.300 millóns neste eido; unha achega sen a cal moitos concellos non poderían ter auga potable, saneamento nin depuradora

31/01/20 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Negreira colaboran na renovación e mellora enerxética do alumeado público

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta actuación financiada con máis de 65.400 euros no marco do Fondo de Compensación Ambiental

30/01/20 | 17:23

Medio Ambiente e Concello de Ourense avanzan na próxima adhesión da cidade ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co tenente de alcalde de Ourense, Jorge Pumar, para abordar posibles vías de colaboración da Consellería en materia de xestión de residuos e a loita contra o cambio climático

27/01/20 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de reforma da Oficina de Información e Rexistro do seu edificio administrativo de Ourense

A partir de hoxe o persoal deste servizo volve a atender ao público no seu espazo habitual, na planta baixa da coñecida como ‘Casa de Chocolate’

26/01/20 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Seis empresas presentan oferta para reformar as plantas superiores do edificio administrativo de Benito Corbal

Actualmente, as ofertas están en fase de valoración e espérase que o contrato poida estar adxudicado no segundo trimestre

22/01/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha un Programa Marco de prevención de risco para reforzar os mecanismos de control existentes no eido da integridade institucional

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, compareceu no Parlamento para dar conta das medidas de integridade institucional e prevención de riscos que serán implantadas en Galicia

21/01/20 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Beariz na rehabilitación da pista polideportiva do concello que contou cunha axuda de preto de 34.000 euros

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello, acompañada do alcalde, Manuel Prado, onde indicou que o concello nos últimos anos recibiu axudas da Vicepresidencia por importe de case 580.000 euros