Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Vivenda:

03/08/21 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora de seguridade na estrada AC-445 en Corcubión, no treito coincidente coa traza do Camiño de Santiago a Fisterra

Esta intervención, cun investimento de preto de 17.000 €, consistiu na construción dunha senda de 50 metros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada

02/08/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita o novo Plan Director dos Camiños de Santiago para o horizonte 2022-2027

O orzamento da licitación ascende a preto de 100.000 euros cun prazo de redacción de catro meses e medio

30/07/21 | 13:01

Lorenzana destaca o papel de Vigo a través do Camiño Portugués e anuncia un plan específico de formación para o sector servizos durante o Xacobeo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na cidade olívica, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, no V Encontro Xacobeo Peregrinas

30/07/21 | 11:40

A Xunta aproveita o Xacobeo para impulsar o sector náutico na comunidade e o Camiño de Santiago por mar

A titular de Mar subliña que a celebración do fito xacobeo tanto este ano como o próximo é unha oportunidade para os portos deportivos pois pode contribuír a que recuperen os niveis de actividade previos á alerta sanitaria polo coronavirus

29/07/21 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta saúda a chegada a Santiago do peregrino 50.000 logo de percorrer o Camiño portugués da Costa

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu a María Pilar Acuña no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, ao que chegou cun grupo do proxecto Camiño Verde

28/07/21 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta ‘Cultura no camiño’ bate o seu récord de participación con 163 concellos adheridos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta a novena edición deste programa que medra un 25% en relación ao pasado ano

27/07/21 | 13:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue da Gudiña como exemplo do compromiso de ofrecer aos peregrinos a mellor Galicia neste Xacobeo 21-22

Salienta que o edificio senlleiro recuperado conta, entre outros servizos, con 44 prazas, un cuarto adaptado con aseo propio, aparcadoiro de bicicletas, comedor, cociña e área de descanso

Recorda que a Comunidade conta cunha rede pública de albergues con 78 establecementos

27/07/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo 21-22 convértese no principal patrocinador do Europeo de Snipe que se celebrará do 4 a 8 de agosto en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, subliña o compromiso do Executivo autonómico para que a cidade adquira cada vez máis protagonismo neste dobre Ano Santo baixo o paraugas do Xacobeo 21-22

24/07/21 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Reino Unido, Irlanda e Polonia iluminan monumentos para celebrar o Día do Apóstolo

Turespaña en colaboración con Turismo de Galicia replicou a iniciativa da Xunta #AcendeOXacobeo promovendo unha iluminación protagonizada pola frecha amarela en emprazamentos vencellados co Camiño de Santiago en Europa

23/07/21 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A iniciativa Instagrammers no Camiño colleitou máis de 13 millóns de impactos

Os participantes nesta proposta, Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, xeraron milleiros de likes, comentarios e reproducións de vídeos cos cancelos #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia