Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

03/08/21 | 12:09

A Xunta convoca tres novos cursos de mariñeiro pescador na modalidade ‘online’

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de inscrición está aberto ata o próximo 10 de agosto

02/08/21 | 13:23

Galicia investirá máis de 2,5 millóns de euros en 55 proxectos para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar

A titular de Mar salienta que estas axudas contribúen a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións dependentes das confrarías, as condicións de traballo dos pescadores e a calidade e control dos produtos desembarcados

01/08/21 | 12:31

A Xunta convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo para 12 persoas

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o 9 de agosto e as accións formativas impartiranse entre os meses de setembro e novembro

30/07/21 | 13:45

Galicia ve esencial que o futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca apoie a innovación e a mellora da habitabilidade dos buques

A comunidade galega recibirá a metade dos fondos repartidos entre as autonomías, é dicir, máis de 366 millóns de euros dos 735 millóns asignados ás comunidades autónomas excluíndo Canarias, que conta cun plan de compensación específico

29/07/21 | 16:41

A Xunta apoia con 21 millóns de euros preto de 60 proxectos para a mellora das instalacións das pemes de transformación dos produtos do mar

O Executivo galego subvenciona ata o 50% das actuacións impulsadas polas empresas do sector entre este ano e o próximo e que suman un investimento total de máis de 45 millóns de euros

29/07/21 | 15:15

Trenor enxalza o intenso traballo do grupo Proinsa para impulsar o sector acuícola galego, maioritariamente centrado na produción de mexillón

O delegado da Xunta visitou as instalacións da empresa no porto de Lorbé dedicadas á produción e depuración deste bivalvo

29/07/21 | 10:36

A Xunta establece a veda do choco na ría de Arousa entre o 1 de agosto e o 30 de outubro

Queda expresamente prohibida neste período a captura desta especie por medio de calquera arte e tamén para a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores desta área costeira

28/07/21 | 18:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co sector pesqueiro e industrial os plans de ordenación do espazo marítimo antes de presentar ao Goberno as súas alegacións sobre o desenvolvemento futuro da eólica mariña

O Observatorio contará cunha páxina web onde se recolla a súa actividade, unha ferramenta para favorecer a participación e o diálogo aberto

27/07/21 | 17:52

A Xunta pon en valor o turismo náutico como alternativa segura, accesible e sustentable

A oferta de Galicia neste eido amplíase con iniciativas como a de Mínimo Boats que durante máis de tres anos traballou na idea dunha embarcación deseñada para funcionar como apartamento flotante ao mesmo tempo que serve para a navegación