Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia as obras de ampliación e mellora da depuradora de Viveiro, cun investimento de 3,9 millóns de euros
As obras comezan coa escavación dunha parcela anexa á depuradora onde se executarán parte das novas instalacións, realizándose as demais na propia EDAR
A Xunta adxudica as obras de mellora do sistema de abastecemento ao parque empresarial de Vilamarín e aos núcleos das Quintás e da Ría
Esta actuación foi adxudicada por un importe de máis de 165.000 euros e dispón dun prazo de execución de 4 meses
A Xunta remata as obras de modernización da potabilizadora de Pontedeume, que a vindeira semana entrarán en servizo na súa totalidade unha vez instalados os equipos
A directora explica que Augas de Galicia realizará a próxima semana as probas para poder activar ao 100 % as actuacións de mellora acometidas na ETAP
A Xunta continuará a encargarse da xestión da depuradora do concello de Gondomar, que deberá actuar para eliminar as deficiencias das redes de saneamento
A Administración autonómica agarda o visto e prace municipal á proposta de convenio remitida por Augas de Galicia para seguir prestándolle apoio ao Concello nas súas competencias mediante a explotación da depuradora
Ethel Vázquez avanza que a vindeira semana a Xunta porá en servizo a modernización da potabilizadora de Pontedeume que garantirá a calidade da auga nas próximas décadas
Vázquez Mourelle explica que este mesmo xoves estarán rematadas as obras de instalación dunha cámara de mestura para optimizar os equipos da planta municipal e, seguidamente, procederase á instalación do novo equipamento
Un total de 18 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do sistema de abastecemento no concello de Lobios
O contrato, licitado por 350.000 euros, conta cun prazo de execución de 4 meses
Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto construtivo da nova captación no río Deza para o abastecemento ao concello de Lalín
Este contrato, licitado por un importe de máis de 67.000 euros, conta cun prazo de execución de seis meses
A directora de augas de Galicia salienta que as obras de modernización da potabilizadora municipal de Pontedeume avanzan a bo ritmo para reforzar a garantía do abastecemento
Destaca o progreso dos traballos para dotar a planta dunha cámara de mestura rápida, automatizar todo o novo proceso e mellorar a filtración
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mero no concello de Cambre
As tarefas inclúen a roza selectiva na marxe dereita da represa do muíño de Peirao, na parroquia de Bribes, e o reforzo dun noiro nun tramo de 15 metros da parroquia de Sigrás
A Xunta presenta o plan de xestión fronte ao risco de inundacións no río Lagares, en Vigo, que prevé actuacións por importe de 6,8 millóns de euros
O Goberno galego trasladoulle xa ao Concello a proposta de colaboración pola que Augas de Galicia executará e financiará as obras e o municipio deberá xestionar a dispoñibilidade dos terreos