Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

01/03/21 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 140 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 86 dispositivos con 223 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

27/02/21 | 15:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 50 denuncias no marco do Plan de hostalería segura da Xunta

Os axentes controlan que os establecementos hostaleiros respectan o aforo sanitario permitido, os horarios de apertura e peche, así como as medidas de prevención ante a covid-19 por parte de empregados e clientes como a distancia de seguridade e o uso obrigatorio da máscara

26/02/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da coordinación entre as forzas de seguridade e os servizos de emerxencia na loita contra a covid-19

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento para dar conta das actuacións do seu departamento na xestión da pandemia

25/02/21 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Técnica de Protección Civil aproba o novo decreto para actualizar as actividades en centros obrigados a presentar plans de autoprotección

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión, na que se informou da modificación da orde de rexistro destes plans

24/02/21 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta destaca a coordinación entre forzas de seguridade e a colaboración co sector no Plan de hostalería segura

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, abordaron co delegado do Goberno en Galicia e o presidente da Fegamp o plan para garantir o cumprimento das normas vixentes a través das policías locais en colaboración co resto de forzas e corpos de seguridade

23/02/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal

22/02/21 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 78 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 107 dispositivos con 370 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

22/02/21 | 09:54 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 17 persoas por 14 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 19 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 21 chamadas por accidentes de tráfico

19/02/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa desde esta tarde a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e Pontevedra

Agárdanse precipitacións acumuladas en 12 horas de 80 mm no suroeste da Coruña e nas Rías Baixas e o interior da provincia de Pontevedra