Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

22/06/21 | 14:46 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta anuncia a licitación da primeira fase do parque acuático de Monterrei que será “referencia en todo o noroeste da península”

Terá un orzamento de preto de 5 millóns de euros, estará rematada no verán de 2022 e ocuparase dos accesos, os espazos infantís e a construción das novas piscinas

22/06/21 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta certifica a excelencia do Club Náutico de Rodeira en Cangas a través do selo Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe as instalacións para facer o izado da bandeira que acredita a marca de garantía

17/06/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
17/06/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Beariz no acondicionamento do pavillón polideportivo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo nesta instalación ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público tamén as realizadas no local da asociación de veciños de Albite con apoio da Xunta

16/06/21 | 16:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa presenta ao novo equipo galego de novos alpinistas como os deportistas máis completos da escalada, que será olímpica en Toquio

Anima aos galegos e galegas a realizar escalada e lembra que a Federación Galega de Montañismo conta con 6.218 licencias, sendo o 60% homes e o 40% mulleres, unha porcentaxe que se achega aínda máis nas 618 licencias 6-16, co 55% de nenos e o 45% de nenas

15/06/21 | 17:46 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a mellora do complexo de a Fieteira como un fito do “deporte de alta competición, base e adaptado” de Ribeira e de toda Galicia

Un dos puntos destacados desta actuación será a construción dun módulo cuberto homologado para as probas de velocidade, saltos e lanzamentos

15/06/21 | 15:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a Adrián Mosquera como un novo referente do piragüismo galego para o mundo

Asegura que a Xunta acompañará a Adrián Mosquera nos Xogos Paralímpicos como demostra a Axuda Reto Galicia-Toquio con Igualdade cunha contía de 5.000 euros; ademais no ano 2020, Mosquera recibiu unha bolsa de 1.500 euros como deportista galego de alto nivel

12/06/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Trofeo Xacobeo 2021 reunirá en Pontevedra a máis de 1500 piragüistas na súa primeira edición internacional

A iniciativa impulsada pola Federación Galega de Piragüismo terá lugar o vindeiro 19 de xuño na capital do Lérez