Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

28/07/22 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia un novo concerto na Coruña, o de Fito & Fitipaldis, o 29 de outubro no marco da programación do Xacobeo

Trenor destacou que “todos os seguidores deste grupo e os amantes da boa música terán unha ocasión única para ver a esta banda nun formato especial moito máis íntimo e próximo ao público”

28/07/22 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta analiza co sector os retos de futuro da artesanía en Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xuntanza con representantes das asociacións profesionais de artesáns co obxectivo de recoller as súas achegas e seguir traballando xuntos a prol dun sector artesán competitivo e adaptado ás novas realidades de consumo

28/07/22 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación musical do Xacobeo 21-22 en Vigo incorpora a Fito & Fitipaldis coa súa nova xira “Teatros e Auditorios”

O grupo estará o 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo e as entradas sairán á venda o vindeiro luns, 1 de agosto

27/07/22 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta o concerto de Muse o 8 de setembro en Balaídos no marco do Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta ofreceu todos os detalles sobre a actuación nunha rolda de prensa no estadio vigués
 

27/07/22 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima os galegos a descubrir a mellor maxia do mundo entre o 1 de agosto e o 15 de outubro nos principais teatros de Galicia

O delegado territorial da Xunta na Coruña presentou cos organizadores do festival “Galicia Ilusiona” o programa de actos incluído dentro da programación do Xacobeo

26/07/22 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo 21-22 achega a 17 concellos lucenses outros tantos espectáculos de maxia co Galicia Ilusiona

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación deste festival de ilusionismo que traerá a Lugo maxia na rúa, de preto, desafíos extremos e unha gran gala con figuras mundiais

26/07/22 | 18:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Bolechas presentan co apoio da Xunta un novo título dedicado ao Museo do Mar de Galicia

Numerosos nenos acudiron á institución viguesa para coñecer unha obra que achega unha panorámica da actividade mariñeira a través das pezas museísticas expostas

26/07/22 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O festival Sonrías Baixas recupera o gran formato ao reunir en Bueu a Tanxugueiras, Kase.o, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e la M.O.D.A co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais interveu na presentación desta cita musical que ofrecerá entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de destacados nomes do panorama musical actual

26/07/22 | 14:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta en Ferrol a segunda edición dos Concertos da Fin do Mundo que comezan este venres no Faro de Corrubedo

Concertos na Fin do Mundo é un ciclo de concertos concibido como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo
 

26/07/22 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Camilo José Cela acolle unha escolma do fotógrafo Tino Martínez sobre o papel das romarías tradicionais galegas

O director xeral de Cultura inaugura a mostra ‘Fe. Tino Martínez 1971-2016’ que reúne fotografías históricas do artista compostelán