Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

02/03/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Trenor informa que o 9 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas para a incorporación de mozos, plans de mellora e para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias

O delegado da Xunta visitou a explotación gandeira Pose, beneficiada -durante as tres últimas convocatorias- polas achegas para plans de mellora, o que lle permitiu modernizar as súas instalacións e equipamentos

02/03/22 | 12:31 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello da Rúa avalían a posibilidade de crear un polígono agroforestal de viñedo da Denominación de Orixe Valdeorras neste municipio

Tamén se valorou a posible posta en marcha dunha aldea modelo no núcleo de San Xulián, así como o desenvolvemento de iniciativas de agricultura de precisión, neste caso aplicadas ao cultivo da vide

02/03/22 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta retoma os traballos na parcelaria de Dodro-Laíño II ao clarificarse a situación urbanística

Unha vez se modifiquen as bases definitivas desta zona, xa que houbo que excluír diversas parcelas que se reclasificaron como solo urbanizable, a Consellería do Medio Rural iniciará as actuacións relativas á rede de camiños secundarios por importe de 300.000 euros

02/03/22 | 12:23 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece dous proxectos de innovación agraria nos sectores do leite e do trigo

José Luis Cabarcos entregou as mencións aos responsables destes proxectos, centrados no cultivo ecolóxico de trigo autóctono e na produción de leite de pastoreo

02/03/22 | 11:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o compromiso de Leche Río e das pemes participantes no proxecto de innovación Milkchain para desenvolver un sistema de trazabilidade do leite

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación participou hoxe en Lugo na presentación da iniciativa, que conta cun orzamento de 1,2 M€ dos que a Administración autonómica achega o 75% a través do programa Conecta Hubs

02/03/22 | 11:29 | C. do Medio Rural

A Xunta anuncia a saída ao mercado da IXP Pan Galego coas primeiras pezas dispoñibles nun total de 44 establecementos da comunidade a partir da vindeira semana

O acto oficial para comunicar o inicio das vendas desta indicación xeográfica protexida terá lugar o vindeiro 9 de marzo no muíño de Cuíña de Lalín e poderá seguirse por streaming a través da canle de Youtube da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

02/03/22 | 10:12 | C. do Medio Rural

Preto de 11.000 agricultores e gandeiros galegos recibiron da Xunta máis de 17 M€ correspondentes ás axudas da PAC 2021-2022 dirixidas a zonas con limitacións naturais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución cos beneficiarios ao abeiro da submedida de áreas de montaña e da de zonas distintas de montaña

28/02/22 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Valga estudan a posibilidade de implantar un polígono agroforestal para viñedo

Tamén se acordou estudar a posibilidade de poñer en marcha unha nova zona de reestruturación parcelaria, ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga)

26/02/22 | 09:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promove a terceira edición de Come Local coa participación de 23 centros escolares galegos

Esta iniciativa da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, céntrase na promoción do consumo de produto galego de calidade certificada e de proximidade entre o alumnado da nosa comunidade e enmárcase na rede Mercaproximidade

25/02/22 | 13:34 | C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense e a xerente de Galicia Calidade visitan adegas da D.O. Monterrei

Gabriel Alén e Ana Méndez visitaron a adega Gargalo e a adega Quinta Do Buble