Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

22/07/20 | 19:40 | C. de Política Social e Igualdade

Os novos minicampamentos de verán teñen xa o 90% das súas prazas cubertas

Esta iniciativa, unha das principais novidades da Campaña de Verán que se realiza en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, ten como escenario diferentes aloxamentos turísticos da comunidade

22/07/20 | 13:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta envía material de protección individual e de desinfección a centros sociais e campamentos xuvenís

Este novo reparto, e xa van dezasete, distribuirase entre 116 centros sociais, incluídos os centros de día, e os campamentos xuvenís da campaña de verán da Xunta que se desenvolven na provincia de Ourense

22/07/20 | 13:11 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García visita o campamento xuvenil de Entrimo, ambientado no teatro e na aventura na natureza

Un total de 40 rapazas e rapaces de entre 9 e 13 anos participan nas actividades destas instalacións na primeira quenda de actividades

21/07/20 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve na illa de Sálvora o primeiro campo de voluntariado organizado cunha entidade de atención á discapacidade

Fabiola García apunta que, con esta iniciativa, se contribúe a protexer este espazo natural ao tempo que as rapazas e rapaces gañan en autonomía

21/07/20 | 12:20 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de solicitude das 216 prazas ofertadas en residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o vindeiro curso

Diríxense a mozas e mozos entre os 16 e 30 anos que por razóns de estudo ou traballo se vexan obrigados a permanecer fóra do concello onde residen habitualmente

14/07/20 | 16:48 | C. de Política Social e Igualdade

Aberto o prazo de inscrición para cubrir 48 prazas vacantes nos minicampamentos de verán que se desenvolverán en establecementos turísticos do Carballiño e a Pobra de Trives

O prazo para anotarse finalizará ata tres días antes do inicio de cada actividade e quedan prazas dispoñibles nas quendas de xullo e agosto

10/07/20 | 09:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realiza un novo envío de 151.048 unidades de material de protección ás residencias e entidades sociais e 52.463 para os campamentos infantís da provincia da Coruña

O Goberno galego enviou 51.763 máscaras e 700 luvas para os campamentos da Consellería de Política Social que comezan a semana que vén

09/07/20 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a protección nos campamentos infantís e nos centros sociais da provincia de Pontevedra cun novo envío de material

A Delegación da Xunta en Pontevedra facilitou ata o de agora máis de 1,55 millóns de unidades de protección a 218 centros sociais e 5 campamentos infantís, incluíndo centros de día de iniciativa social

08/07/20 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo para que as mozas e mozos galegos envíen proxectos nunha nova edición do programa Xuventude Crea

A convocatoria inclúe dúas novas disciplinas: a creación de videoxogos e novela curta

04/07/20 | 12:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta oferta máis de 500 prazas en minicampamentos de verán que se desenvolverán en establecementos turísticos de Galicia

Diríxense a nenas e nenos entre 10 e 14 anos, que poderán elixir entre 14 programas e instalacións diferentes