Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

10/08/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en valor o papel do voluntariado interxeracional para impulsar o Camiño Inglés ao seu paso por Cambre

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe o programa deste voluntariado do Concello de Cambre

07/08/21 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima á mocidade a peregrinar a Santiago e descubrir a riqueza espiritual do Camiño e do Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe ao acto de presentación de actividades da Peregrinación Europea da Xuventude que se celebrará en 2022 e no que están chamados a participar milleiros de mozos

06/08/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca a excelente acollida dos peregrinos ao novo servizo da Policía Autonómica de asistencia no Camiño

O delegado territorial da Xunta en Lugo explicou que os axentes patrullan en moto as rutas para reforzar a seguridade e prestar axuda e asesoramento

05/08/21 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación sinfónica do Xacobeo 21-22 incluirá unha trintena de concertos e catro xiras musicais en colaboración coas principais agrupacións de música clásica de Galicia

A Xunta inviste 1,5M€ nestas actividades que percorrerán toda a xeografía galega, con escenarios en lugares de interese patrimonial e do Camiño

05/08/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Compostela Monumental para reactivar o turismo e o Xacobeo na cidade de Santiago

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou xunto co presidente da asociación, José Manuel Bello, as actuacións para mellorar a sede da entidade e para promocionar o comercio local no marco da colaboración entre a Xunta e a asociación

04/08/21 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con “Estrelas no Camiño de Santiago”, que exalta o potencial gastronómico de Galicia

A iniciativa, que reúne a 17 chefs de recoñecido prestixio que suman 44 Estrelas Michelin, permitirá seguir posicionando a Galicia como destino gastronómico de excelencia

03/08/21 | 19:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta engalana 13 tramos do Camiño de Santiago en vilas e cidades lucenses para dar a benvida aos peregrinos

Xacobeo Benvida é unha iniciativa que busca implicar todo o territorio na celebración deste Ano Santo a través da colocación de bandeirolas en tramos peonís do Camiño