Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

03/06/22 | 12:39 | C. de Sanidade

A Xunta incrementa ata os case 400.000 euros o financiamento de programas de incorporación social para pacientes de unidades de drogodependencias

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, rubricou os acordos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e sete asociacións sen ánimo de lucro, beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento destes programas

03/06/22 | 11:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.003 casos activos por coronavirus

Un total de 606.910 pacientes xa están curados

02/06/22 | 18:43 | C. de Sanidade

Sanidade e médicos internistas acadan un acordo tras a xuntanza desta tarde

Acordan centralizar a xestión das vacantes de todas as áreas
 
Así mesmo pactouse que os contratos de médicos internistas que se fagan en todos os hospitais da rede, poden incluír un período de colaboración o comarcal que o precise

O Sergas conta con 14,5 médicos internistas por cada 100.000 habitantes, superando en case tres puntos os 11,8 médicos que rexistra a media nacional
02/06/22 | 14:57 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca un investimento de máis de 20 M€ na adquisición de 26 novos TAC e tres PET

Salienta que a Xunta cumpre co obxectivo fixado de que todas as áreas sanitarias conten con TAC de tecnoloxía espectral e tamén renova os TAC dos sete hospitais comarcais de Galicia

01/06/22 | 13:54 | C. de Sanidade
01/06/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de urbanización da primeira fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol fan necesario o corte parcial do tráfico rodado desde mañá

A Xunta destina case 910.000 euros a esta actuación, destinada a dotar de acceso viario a planta soto -2 proxectada na ampliación do complexo hospitalario, que se destinará a servizos auxiliares de lavandería e restauración

01/06/22 | 11:28 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a traxectoria do CHUS como referente nacional en cirurxía ocular, exemplo da aposta da sanidade pública galega pola innovación

Incide no compromiso do Goberno autonómico coa renovación integral do Servizo Galego de Saúde, con máis e mellores servizos

01/06/22 | 10:59 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.384 casos activos por coronavirus

Un total de 605.871 pacientes xa están curados

31/05/22 | 13:32 | C. de Sanidade

Gabriel Alén fixo un chamamento aos escolares e á toda mocidade da provincia para colaborar na loita contra o tabaquismo

O delegado territorial subliñou as actuacións de prevención, promoción o tratamento do tabaquismo, realizadas pola Xunta de Galicia dentro do Programa galego de vida sen tabaco