Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

13/08/21 | 13:29

A Xunta agradece o esforzo dos profesionais do mar na promoción dos seus produtos e a súa contribución á recuperación económica de Galicia trala pandemia

A titular de Mar anima ao sector a seguir na mesma liña de traballo que lle permitiu resistir mellor o impacto da alerta sanitaria e adaptarse ás dificultades derivadas dela

11/08/21 | 12:55

Galicia financia ata o 50% do investimento de preto dun cento de proxectos de melloras nas empresas de cultivos mariños

A Xunta destina máis de 4,7 millóns de euros en axudas a unhas iniciativas que superarán os 11 millóns de euros de investimento total co obxectivo de mellorar a produción, a eficiencia enerxética e o labor das firmas acuícolas

09/08/21 | 13:19

As pemes galegas de transformación dos produtos do mar investirán 45 millóns de euros entre 2021 e 2022 na mellora das súas instalacións

A Xunta subvenciona ata o 50% dos investimentos impulsados polas empresas do sector e na convocatoria deste ano aprobou preto de 21 millóns de euros en achegas cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

08/08/21 | 11:13

A Xunta optimiza a transformación dixital das súas xestións pesqueiras cun investimento de preto de 4 millóns de euros

A Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia amplían a dotación e a vixencia do acordo asinado en 2019 para o financiamento de sistemas de promoción, mellora da comercialización e trazabilidade dos produtos do mar

07/08/21 | 13:00

A Xunta autoriza total ou parcialmente a práctica da pesca recreativa en 107 dos 122 peiraos autonómicos

A resolución vén de ser publicada no Diario Oficial de Galicia e entra en vigor hoxe

07/08/21 | 11:07

Xunta e sector constatan a mellora das capturas de polbo no primeiro mes de campaña e a abundancia de xuvenís no mar

As descargas e a facturación da especie nas lonxas galegas durante o mes de xullo superan a media da serie histórica e multiplican por máis de seis os rexistros acadados no mesmo mes do ano pasado

05/08/21 | 11:29

Galicia defende a necesidade de introducir cambios na proposta de regulamento europeo de control da pesca para adaptalo á realidade da súa frota

A Xunta traslada á Asociación de Armadores de Cerco de Galicia que está a traballar ante todos os estamentos comunitarios co obxectivo de que se poida modificar o texto durante os debates entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo

04/08/21 | 12:33

A Xunta constata a innovación da lonxa de Burela cun dos sistemas de poxa máis modernos e avanzados do mundo

O centro de venda burelense conta cun procedemento automatizado de adxudicación dos lotes no que un ordenador vai ‘cantando’ as cotizacións e os compradores mercan pulsando o botón dun mando que cada un deles ten preasignado

03/08/21 | 13:20

A Xunta agradece ao sector pesqueiro e marisqueiro o seu labor como aliado na loita contra o lixo mariño

O Executivo galego aprobou este ano oito proxectos por importe de 345.000 euros que inclúen accións neste eido coa participación na recollida activa de refugallos de preto de 40 profesionais do marisqueo a pé e cinco embarcacións