Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Industria:

30/11/21 | 13:58

A Xunta habilita unha ferramenta pioneira para facer proxeccións climáticas co fin de facilitar aos concellos a análise de riscos e a redacción de plans de adaptación

A Comunidade galega do Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía está integrada por 277 concellos, que traballan na elaboración dos seus respectivos plans de acción co apoio do Goberno autonómico, que entre 2020 e 2021 concedeu 1,3 M€ en axudas

30/11/21 | 12:44

A Xunta alega que a Lei estatal de vivenda é inconstitucional por invadir as competencias autonómicas na materia

O Goberno galego sinala que o Executivo central quere asumir atribucións das que carece, como regular a vivenda protexida, a xestión do parque público de titularidade autonómica e alterar os períodos de protección

29/11/21 | 12:37 | C. de Sanidade

A Xunta impulsa a Estratexia de economía circular do Sergas para canalizar as medidas dirixidas a garantir a sostibilidade do sistema de sanidade público

Ambos departamentos asumen o compromiso de traballar xuntos en materia de clima e saúde co reto de avanzar cara a uns servizos sanitarios neutros en carbono

28/11/21 | 13:33

A Xunta buscará establecer sinerxías entre Galicia e Dinamarca en materia de xestión de residuos

Sogama solicitará unha reunión técnica cos responsables da planta enerxética de Copenhill, un exemplo de deseño e integración social, para intercambiar ideas e explicarlles as bases do modelo galego de tratamento de residuos sólidos urbanos

26/11/21 | 14:13

Ángeles Vázquez anima aos concellos a seguir o exemplo de Santa Comba que implantou o contedor de biorresiduos dous anos antes do prazo que dá Europa

Destaca o esforzo e compromiso da corporación local e dos veciños deste concello, que hoxe levará a cabo a súa primeira recollida deste contedor para enviar a materia orgánica á planta de Sogama e elaborar compost de calidade

25/11/21 | 12:22

A Xunta amplía nun mes o prazo para que os concellos xustifiquen as axudas para actuacións en materia de residuos ante o atraso no subministro de materiais

As entidades beneficiarias desta orde, convocada o ano pasado, poderán executar os proxectos e entregar a documentación correspondente a 2021 ata o 30 de decembro

24/11/21 | 15:05

A Xunta retoma a campaña "O que se enchufa, recíclase" para superar os 5 kg ao ano de aparellos eléctricos que xa recicla cada galego

Ángeles Vázquez lembra que cando estes materiais rematan a súa vida útil, poden ser depositados nas superficies comerciais ou nos puntos verdes municipais, co fin de que entren novamente na cadea e se facilite a fabricación dun novo produto

23/11/21 | 17:44

A Xunta aproveitará os fondos europeos para impulsar a rehabilitación enerxética de edificios e reducir ata en 65.000 Tn anuais as emisións dos fogares galegos

A responsable galega agradece á Embaixada danesa a invitación e subliña os vínculos establecidos coas autoridades do país e empresas punteiras en eficiencia enerxética

19/11/21 | 10:28

O IGVS amplía en 10 meses o prazo para xustificar as axudas para obras de accesibilidade e conservación en vivendas ante a falta de materiais e man de obra

A Xunta de Galicia resolve estender ata o 30 de setembro de 2022 o período de execución e xustificación destas subvencións e amplía en 1,28 millóns de euros o orzamento total asignado á convocatoria realizada o pasado mes de marzo

18/11/21 | 12:07

Galicia solicitará fondos europeos para continuar o proxecto ‘Biogov’ de protección da biodiversidade, unha iniciativa que aspira a liderar a partir do vindeiro ano

A Xunta e os seus oito socios europeos acordan presentar unha nova candidatura á próxima convocatoria do Interreg Europe, prevista para o primeiro trimestre de 2022