Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

04/03/22 | 20:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece a AJE Lugo e aos emprendedores da provincia o seu compromiso por construír unha Galicia en positivo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Monforte de Lemos na entrega dos galardóns que cada ano organiza a Asociación de Xoves Empresarios provincial

04/03/22 | 10:44 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o selo Galicia Calidade nos produtos Quescrem avala unha aposta continuada pola valorización do sector lácteo galego

Conde cualificouna como unha marca comprometida co territorio, coa sustentabilidade e coas novas demandas do mercado ás que dá resposta a través da I+D+i, que está no seu ADN

03/03/22 | 19:34 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que Galicia só pode concibir da man do talento feminino o desenvolvemento dos seus sectores estratéxicos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no foro ‘Esenciais en bioeconomía’ que se celebra ata mañá en Santiago de Compostela

03/03/22 | 11:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por aproveitar os fondos Next Generation para seguir a impulsar a dixitalización das pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na Coruña nunha xornada organizada no club empresarial Nordés na que puxo en valor a importancia de aproveitar o novo escenario económico provocado pola pandemia para que estes fondos de recuperación faciliten a transformación económica e social

02/03/22 | 12:59 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que Freshcut conta co selo Galicia Calidade polo seu compromiso coa alimentación saudable e a economía social

Recoñece que o traballo que están a facer as empresas do sector agroalimentario galego no ámbito da I+D+i ligada á nutrición explica o valor diferencial que fai de Galicia a despensa de España

01/03/22 | 17:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta ponse a disposición do concello do Barco de Valdeorras e das empresas afectadas polo incendio

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro en Santiago co alcalde do municipio ourensán, Alfredo García

01/03/22 | 16:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta ratifica o seu compromiso de colaborar en Alcoa pero é preciso que a empresa avance nos investimentos e o Goberno abarate o prezo eléctrico

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, asistiu hoxe en Madrid á reunión do comité de seguimento da fábrica da Mariña, onde insistiu en que o Goberno galego seguirá ao lado dos traballadores

01/03/22 | 09:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para que se poidan adherir entidades colaboradoras ao programa de axudas para a renovación de electrodomésticos

Cun orzamento de 2M€, axudará a 13.000 familias a renovar os electrodomésticos dos seus fogares e aforrar 540.000 euros na factura eléctrica

28/02/22 | 13:25 | C. de Economía e Industria

Galicia busca consolidar a súa aposta pola innovación aberta a través da nova convocatoria das unidades mixtas que vai mobilizar 30 M€

Conde explica que a novidade desta edición, á que a Xunta destina un orzamento de 12M€, é que inclúe apoios para a creación de centros mixtos de investigación, co obxectivo de dar estabilidade ás unidades consolidadas

28/02/22 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que as vendas ao exterior de Pontevedra superan os 12.000 M€ facendo da provincia a máis exportadora de Galicia no 2021

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita as instalacións de Industrias Guerra en Vila de Cruces, empresa especializada na fabricación de grúas forestais e mariñas que xa exporta o 65 % da súa produción e está a impulsar un proxecto de internacionalización grazas ao Galicia Exporta Dixital