Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

20/08/21 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía ao 50% a ocupación dos albergues para acoller con seguridade aos peregrinos que fan o Camiño

O Goberno galego tomou a decision, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, en consenso co sector e atendendo á evolución favorable da situación epidemiolóxica

Unha proba piloto nos establecementos permitirá elaborar un manual de boas practicas na ventilación para seguir aumentando a ocupación se a situación segue mellorando

20/08/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executa obras de reforzo da seguridade das rutas xacobeas en puntos de Triacastela e A Fonsagrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 27.200 euros aos traballos de acondicionamento, que se desenvolven durante esta quincena

19/08/21 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta embelece e sinaliza o Camiño de Santiago en Caldas de Reis coas bandeirolas do programa `Xacobeo benvida'

O delegado territorial, Luis López, supervisa o treito da ruta portuguesa engalanado no casco histórico da vila caldense ao seu paso pola rúa Real

16/08/21 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

"Concertos na fin do mundo" invita a experiencias únicas nos faros galegos da man do Xacobeo

O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo

14/08/21 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Entregada a Compostela 70.000 que certifica a recuperación do Camiño de Santiago

Cunha media de máis dun milleiro de compostelas seladas ao día, as rutas xacobeas seguen recuperando camiñantes, que elixen maioritariamente o itinerario Francés

13/08/21 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a proposta cultural itinerante A paisaxe do Camiño de Inverno, que bota a andar hoxe en Monforte

Inclúe exposicións, un libro de fotografías e faladoiros en cinco concellos galegos, e recibe unha achega de 21.000 euros a través do programa O teu Xacobeo

12/08/21 | 19:42

A Xunta avoga en Portomarín por un marco lexislativo que regule e impulse a igualdade laboral

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na localidade lucense, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no VI Encontro Xacobeo Peregrinas

11/08/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza unha viaxe de familiarización para promocionar o Camiño do Norte

A Revista Autoturing austríaca dará a coñecer o trazado logo das visitas guiadas a algúns dos puntos que atravesa como Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Sobrado dos Monxes ou Santiago de Compostela