Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/08/22 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá mañá ao tráfico o novo acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón, tras un investimento de máis de 1 M€

Trátase do ramal de conexión entre a autovía da Xunta e a vía de titularidade estatal N-525, que permitirá o movemento de incorporación en sentido Ourense

10/08/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 1 M€ as obras para a execución das sendas das Vendas e Santa Baia, en Esgos e no Pereiro de Aguiar

Os traballos iniciaranse ao longo de setembro e teñen un prazo de execución de 6 meses

10/08/22 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de reparación de canalización de pluviais na estrada PO-532, no Concello de Pontevedra

Os traballos desenvolveranse na glorieta de acceso ao Hospital de Montecelo, para evitar problemas de filtracións
 

10/08/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546

A intervención proxéctase nas vías citadas ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira
 

09/08/22 | 14:56

A Xunta emite informe ambiental favorable ao proxecto para continuar a AG-59 entre a Tamallosa e Estrada

O DOG publica hoxe o anuncio polo que se fai pública a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que inclúe unha serie de condicionados para garantir a mínima afección aos valores da contorna

09/08/22 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na AC-543, ao seu paso polos concellos de Lousame e de Noia

A intervención supón un investimento autonómico de máis de 48.000€ e lévase a cabo ao longo de 5 km de lonxitude, entre os puntos quilométricos 26 e 31 desta estrada

09/08/22 | 12:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 12 M€ as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento

 As intervencións contan cun prazo de execución de 33 meses: os 3 primeiros para redactar o proxecto, 18 para a execución das obras e 12 meses para a posta en marcha da nova depuradora

09/08/22 | 12:26 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o esforzo da Xunta por construír itinerarios peonís seguros e destaca o Salnés como área de referencia en mobilidade sustentable

Subliña que o Goberno galego completará un itinerario entre Cambados, Vilanova e Vilagarcía, ademais da Illa de Arousa, para o que se conta cun investimento de máis de 1,1 M€
 

09/08/22 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 250.000 euros na mellora enerxética da nova Casa do Concello de Silleda

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Silleda asinaron hoxe o acordo para a instalación e adaptación do novo edificio consistorial á rede de calor existente no municipio
 

09/08/22 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas