Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

02/08/22 | 17:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía os espazos deportivos e de ocio ao aire libre do Gaiás con oito hectáreas de novas áreas verdes que inclúen unha pista BMX e un labirinto

Con esta última intervención o Bosque de Galicia suma en total preto de 40 hectáreas de zonas verdes e 6 quilómetros de sendeiros, ademais dun novo mirador

02/08/22 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a VI edición do Sacrafestival 2022, cunha proposta de diálogo entre as artes e a natureza

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do evento que entre o venres e o sábado aglutina distintas actividades na Ribeira Sacra lucense

02/08/22 | 14:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor o programa dos concertos do Xacobeo na presentación da 9ª edición do Noia Harp Fest

Trátase do único festival de arpa do noroeste peninsular e terá lugar entre o 3 e o 7 de agosto en distintas localizacións da vila de Noia
 

02/08/22 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a nova dirección de Culturgal na reformulación do modelo de feira

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reúnese co presidente da asociación Culturgal, Víctor López, e coa nova directora do evento, Eva Alonso, para abordar as principais liñas de traballo cara á 15ª edición que se celebrará do 25 ao 27 de novembro

01/08/22 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o concerto de Los Brincos que se celebrará en Vilanova de Arousa dentro da programación dos concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Gonzalo Durán e o tenente alcalde, Javier Tourís, presentaron esta mañá o concerto de Los Brincos que terá lugar o día 20 de agosto no marco dos Concertos do Xacobeo

01/08/22 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo salienta o papel central da Feira do Libro da Coruña para fomentar a lectura e achegar o traballo de escritores e editores ao gran público

Agradece aos profesionais do sector do libro o seu traballo para dinamizar a actividade da cidade en verán con propostas literarias para todos os públicos
 

01/08/22 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta facilita a preprodución de 47 novos proxectos para cinema, televisión e plataformas de vídeo baixo demanda con 1,2 M€ en axudas a 12 produtoras galegas

Publícase a adxudicación desta liña de subvencións do Hub Audiovisual galego, pioneira a nivel estatal, para o desenvolvemento simultáneo de entre tres e cinco propostas de filmes e series
 

01/08/22 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa o aforro enerxético en infraestruturas educativas cun investimento de 208.000 € para a dotación de instalacións solares fotovoltaicas en 13 centros

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de licitar un paquete de obras en 12 centros de Educación Especial e un colexio para a instalación destas fontes renovables encamiñadas á redución do consumo ao tempo que mellorar o confort