Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

11/05/22 | 17:14 | C. de Política Social e Igualdade

As unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta atenderon en catro días a máis de 120 usuarios de Foz e Trabada

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, salientou a elevada demanda que está a ter o servizo, que permanece ata mañá en Ribadeo e Barreiros e a continuación desprazarase a Lourenzá e Riotorto

11/05/22 | 15:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará dez novas unidades de atención temperá para reforzar e estender a rede pública autonómica a 29 novos concellos

As instalacións darán cobertura a case tres decenas de municipios das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, todos os que o solicitaron

11/05/22 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de Coidados Porta a Porta da Xunta chega a Mos para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores

No seu primeiro mes de actividade beneficiáronse desta medida máis de 2500 persoas de máis de 40 concellos das catro provincias

09/05/22 | 16:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 150.000 euros a Cogami para poñer en marcha programas de inclusión laboral para persoas con discapacidade

Con este importe a asociación puido desenvolver iniciativas na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo

09/05/22 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia obras de mellora no centro de día municipal de Porto do Son cun investimento de 47.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Porto do Son asinaron un convenio de colabora-ción para levar a cabo esta actuación

07/05/22 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 2.500 maiores beneficiáronse dos servizos que ofrece o programa Coidados Porta a Porta no seu primeiro mes de funcionamento

O servizo máis demandado é o de podoloxía, con 943 consultas, seguido do de audioloxía, con 923, e o de estimulación da memoria, con 644

06/05/22 | 20:25 | C. de Política Social e Igualdade
06/05/22 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica as listas provisionais de admitidos nas súas 174 escolas infantís

Foron admitidas o 86% das solicitudes para este curso, que será o primeiro no que se aplicará a gratuidade universal para todas as familias galegas