Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/03/21 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comezará a vacinación aos axentes da Policía Local de Galicia durante a vindeira semana

É preciso lembrar que, do mesmo xeito que acontece cos restantes colectivos de profesións esenciais, o ritmo de vacinación estará condicionado pola dispoñibilidade de doses que reciba a comunidade galega

25/03/21 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o convenio coa Asociación Cans de Salvamento de Galicia para a busca e rescate de persoas desaparecidas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe as instalacións da entidade, en Ferrol

24/03/21 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta está a tramitar máis de 7.000 denuncias recibidas por sancións de competencia municipal relacionadas coa covid e xa notificou un millar aos presuntos infractores

O 58% dos concellos galegos adheríronse ao acordo asinado coa Fegamp para a xestión das sancións por infrinxir as restricións derivadas da pandemia

24/03/21 | 13:33 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado esta madrugada no concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 19,8 hectáreas, das cales 0,3 son de monte arborado e 19,5 de monte raso

24/03/21 | 12:03 | C. do Medio Rural

Controlado un incendio forestal rexistrado esta madrugada no Concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta unhas 20 hectáreas de superficie

23/03/21 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 38 dispositivos esta Ponte de San Xosé na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes levaron a cabo 97 inspeccións, en 7 concellos da provincia coruñesa, e identificaron a 279 persoas

23/03/21 | 10:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 320 aspirantes participan nas probas físicas do proceso selectivo para acceder ao corpo de Policía Local

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde se está a levar a cabo hoxe e mañá o terceiro exercicio da oposición

22/03/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 177 inspeccións e tramitou 28 denuncias durante a ponte de San Xosé na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 55 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

22/03/21 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia asistiu a 56 persoas por 44 accidentes de circulación durante a Ponte de San Xosé

Desde as 15,00 horas do xoves, 18 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

18/03/21 | 17:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio provincial Contraincendios de Lugo aproba a adquisición de dous novos vehículos para os parques da provincia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe no Pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo