Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

03/06/20 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/05/20 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta completa desde hoxe a incorporación presencial nos servizos de rexistro e atención á cidadanía

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia cos responsables destes servizos nas cidades galegas

22/05/20 | 16:09 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 2,8 M€ a un novo paquete de axudas para os concellos para sufragar medidas sociais de apoio aos máis vulnerables ante os efectos da covid-19

Feijóo explica que Galicia recibiu ata o momento 17 M€ en materia de políticas sociais do Goberno central e o 50% distribuirase aos concellos

15/05/20 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as actuacións preliminares e o próximo luns comezaranse a incorporar os empregados públicos

Nesta primeira fase, incorporaranse os xefes de servizo ou postos asimilados e as persoas que non poden teletraballar, sempre que o seu posto cumpra coas garantías sanitarias

11/05/20 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia hoxe as actuacións preliminares para a incorporación gradual do persoal empregado público

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe nunha visita a Pontevedresa Group que a volta ao traballo presencial terá como máxima prioridade garantir a saúde dos traballadores

05/05/20 | 17:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende que a limitación de saídas por franxas horarias se decida en función do número de habitantes dos núcleos de poboación

Así se trasladou hoxe no Centro de Coordinación Operativa (Cecop), no que participan Xunta, Delegación de Goberno e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

04/05/20 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe da empresa Moonoff unha doazón de 100.000 mascarillas que chegarán aos concellos galegos a través da plataforma loxística Clonegal

Esta nova entrega de material aos concellos sumase ás máis de 1,5 millóns de unidades de protección que xa teñen recibidas e que no caso das sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual

02/05/20 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central que aclare se as restricións para saír se deciden por concellos ou por núcleos de poboación

O Goberno autonómico ten recibido dúbidas de municipios galegos que non saben se os seus veciños están incluídos dentro das excepcións ou non

01/05/20 | 10:31 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta amplía o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración autonómica

O prazo, que remataba onte, amplíase ata un mes e 18 días naturais despois de que conclúa o estado de alarma

17/04/20 | 16:25 | A Presidencia da Xunta