Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

07/09/21 | 14:04

A Xunta lamenta a negativa do Goberno central a establecer un protocolo específico para os casos de covid-19 a bordo dos buques

O Executivo galego lembra que a ausencia dun procedemento para coordinar a actuación dos distintos organismos con competencia na materia lastra a eficacia e a eficiencia dos medios dispoñibles para facer fronte ante estes episodios

07/09/21 | 12:35

Galicia defende unha reforma da política pesqueira común baseada na igualdade, a sustentabilidade e a remuda xeracional

Rosa Quintana sinalou que é fundamental ter unha política pesqueira forte para defender os intereses do sector ante terceiros países e que todos desenvolvan a súa actividade de xeito equitativo

06/09/21 | 11:06

Galicia aposta polo turismo mariñeiro a través dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro

O proxecto ‘Praia de Sanxenxo’ conta co respaldo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da ría de Pontevedra e ensina a persoas que visitan Galicia como é unha xornada laboral a bordo dun pesqueiro e as tarefas propias da pesca artesanal

05/09/21 | 13:00

Ángeles Vázquez recibe ao pescador David Arcay tras gañar dúas medallas de bronce no mundial de salmónidos mosca de Finlandia

A conselleira agradece ao catro veces campión do mundo a súa implicación e esforzo por achegar ás novas xeracións de galegos os valores do mundo da pesca deportiva

03/09/21 | 12:07

Rosa Quintana loa o labor e o potencial da frota de palangre de superficie da Guarda

Este sector está recoñecido dentro da súa modalidade como o máis importante de España e un dos máis relevantes do mundo

02/09/21 | 16:18

Galicia rexenerará as súas zonas de marisqueo con máis de 55 millóns de unidades de semente de ameixa

Esta repoboación será realizada polo sector marisqueiro ao abeiro das axudas de 2021 para mellorar a produción das súas zonas de traballo e supón máis da cuarta parte dos 191 millóns de unidades sementadas na última década

01/09/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A colaboración entre Gardacostas e a Policía Autonómica na loita contra o furtivismo permitiu a incautación de máis de 260.000 útiles na última década

Esta suma de esforzos tamén posibilitou o comiso de máis 1,3 millóns de quilos de distintas especies de peixe e marisco entre os anos 2010 e 2020

27/08/21 | 14:42

A Xunta destaca o auxe da industria conserveira galega e o esforzo dos profesionais deste sector nos momentos máis difíciles da pandemia

Galicia encabeza a produción nacional de conservas de produtos do mar e representa o 80% desta industria en España, onde en 2020 a produción nesta actividade medrou un 2% e a facturación un 5% en relación ao 2019

26/08/21 | 12:44

Rosa Quintana enxalza o compromiso da autoridade portuaria da Coruña coa innovación e a seguridade laboral

A titular de Mar destacou a inversión de 2 millóns de euros realizada polo organismo portuario da cidade herculina no novo edificio de seguridade e servizos que inclúe unha sala de pantallas desde a que se comproba a actividade portuaria