Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

06/08/22 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais de 47 concellos cun investimento de 500.000 €

No seu conxunto promóvense obras de reforma, ampliación, mellora de accesibilidade e adquisición de materiais técnicos en centros das catro provincias

05/08/22 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá preto de 733.000 euros na restauración da igrexa de Santo Domingo de Ribadavia

Gabriel Alén subliñou a importancia destas obras de restauración pola súa significación na comarca do Ribeiro e porque é considerada unha das mellores mostras do Gótico mendicante galego

05/08/22 | 12:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove 24 actuacións artísticas ata final de ano na Mariña a través da rede galega de teatros e auditorios

A Banda da Loba abrirá mañá o cartel de Burela, municipio que xunto a Foz, Ribadeo e Viveiro forma parte dende a comarca mariñá deste circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as entidades locais asociadas

04/08/22 | 17:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Tui a segunda edición do foro ‘Resonancias’ dentro do festival ‘Música no claustro’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participa hoxe no II Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 22, xunto con músicos, luthieres, investigadores, conservadores e expertos nos instrumentos musicais

04/08/22 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta pola divulgación da cultura e a recuperación do patrimonio galego co campo de voluntariado 'Tradición en verde' de Lalín

O grupo de voluntarios que se dan cita nesta proposta realizan actividades para recuperar e promover diversos elementos arqueolóxicos, ambientais e etnográficos do municipio lalinense

04/08/22 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia en Baroña os traballos de recuperación dos petróglifos da Gurita e do Outeiro da Pedra Bicuda

A actuación, que a Consellería de Cultura financia con 18.000 €, abrangue a limpeza, documentación e consolidación dos gravados rupestres dunha das estacións arqueolóxicas de maior complexidade da península do Barbanza

03/08/22 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego e Ainé inician os ensaios da súa produción ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ sobre o mundo do fútbol

Baixo a dirección de Tito Asorey, os actores Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta daranlle vida aos personaxes desta proposta lúdica, crítica e musical sobre a cara oculta do deporte
 

03/08/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Compromiso na distancia’, a mostra que percorre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, recala en Vigo

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inauguraron hoxe a exposición que permanecerá aberta ao público ata finais do mes de agosto na sede autonómica na cidade

02/08/22 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recupera a policromía do retablo e pinturas murais da Catedral de Mondoñedo

Cun investimento superior aos 270.000 euros, é a primeira actuación do Plan Catedrais que o Goberno autonómico rematada