Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Benestar:

17/12/21 | 11:08

Sogama licita por máis de 2,7 M€ as obras de execución de novos puntos de transvase para a materia orgánica en sete plantas de transferencia

Trátase das instalacións de Lugo, Narón, San Cibrao das Viñas, A Rúa, Silleda, Vigo e O Porriño, que contarán cunha tolva específica para o transvase da fracción orgánica recollida de forma diferenciada a través do contedor marrón

16/12/21 | 19:37

A Xunta destinará os 5 M€ dos fondos europeos reservados ás Illas Atlánticas a actuacións de repoboación e melloras en infraestruturas e dotacións

O investimento dispoñible para o período 2022-2023 distribuirase en tres proxectos para promover medidas para a xestión dos hábitats, optimizar a eficiencia dos servizos básicos nas illas e conceder axudas a iniciativas na súa área de influencia

16/12/21 | 11:14

A Xunta abre a partir de mañá o prazo de presentación das solicitudes para poder pescar lamprea no río Ulla

O DOG publica hoxe a orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se regula o aproveitamento desta especie durante a vindeira tempada

15/12/21 | 14:38

A Xunta licitará a comezos de 2022 as obras de urbanización do primeiro polígono de San Paio de Navia

Heriberto García avanza que este trámite realizarase “estean ou non aprobados os proxectos de urbanización polo Concello”, que xa demorara de forma inxustificada a aprobación do plan parcial

14/12/21 | 12:32

A Xunta convoca axudas por 18,7 M€ para impulsar a xestión dos biorresiduos e os residuos urbanos especiais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina 8,6 M€ aos concellos para que implanten o quinto contedor no servizo de recollida municipal e 4,9 M€ para que aposten pola compostaxe doméstica ou comunitaria

13/12/21 | 14:24

Galicia contará en 2022 cunha guía de integración paisaxística de parques empresariais para buscar o seu desenvolvemento harmónico coa contorna

O obxectivo da Xunta, coa colaboración da Federación Galega de Parques Empresariais, é dispoñer dunha nova ferramenta de apoio técnico que ofreza consellos para deseñar futuros polígonos ou acondicionar e mellorar os xa existentes

10/12/21 | 19:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 25.000 euros o labor da Sociedade Protectora de Animais de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego colabora con este tipo de entidades para sufragar gastos de esterilización cirúrxica, identificación e compra de alimentos, así como campañas de sensibilización e fomento das adopcións, entre outros

10/12/21 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias convida aos centros escolares da área territorial de Vigo a seguir o exemplo do CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado no concurso ‘Pilabot‘

A delegada territorial da Xunta en Vigo subliñou o compromiso coa reciclaxe dos escolares galegos ao recuperar 59 toneladas de pilas no marco desta iniciativa

09/12/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 40.000 a 11 concellos lucenses para instalar caudalímetros e fomentar o uso responsable dos recursos hídricos

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as axudas cubriron o 100% do investimento en máis da metade dos casos

08/12/21 | 12:27

A oficina de turismo de Luintra en Nogueira de Ramuín gozará dunha maior accesibilidade no vindeiro ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou as obras por 82.000 € para habilitar unha zona de aparcadoiro e definir unha zona de lecer